Adega
INICIO Últimas novas ADEGA esixe á Xunta máis compromisos e menos compoñendas na loita contra a contaminación atmosférica
ADEGA esixe á Xunta máis compromisos e menos compoñendas na loita contra a contaminación atmosférica PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA esixe á Xunta máis compromisos e menos compoñendas na loita contra a contaminación atmosférica a FaceBookEnvia ADEGA esixe á Xunta máis compromisos e menos compoñendas na loita contra a contaminación atmosférica a Twitter
28 de febreiro de 2011. ADEGA ten denunciado en diversas ocasións o preocupante estado do aire nas nosas cidades e a inoperancia das administracións á hora de tomar medidas. Á cativa rede de estacións urbanas de control, da que moitas veces "desaparecen casualmente" datos, hai que engadir o descoñecemento dos rexistros da rede industrial. Alén disto, a recente normativa estatal, transpoñendo diversas directivas europeas, obriga ás administracións a levar un control doutros contaminantes que como os metais pesados, o benceno e os HAPs (hidrocarburos aromáticos policíclicos) supoñen un risco para a saúde e que proveñen na súa maioría da combustión de derivados do petróleo polo tráfico e as calefaccións.

A respeito do déficit de información, este mes de febreiro na páxina da rede oficial da Xunta sobre contaminación "desapareceron" determinados valores para os NOx (Óxidos de Nitróxeno) na cidade de Ourense, unha das localidades que maiores cifras acada deste contaminante. Foron 14 horas do día 21 de febreiro e 10 horas do 22, todas consecutivas, nas que non  aparecen datos. Lembremos que o valor máximo horario son 200ug/m3, que non debe ser superado máis de 18 veces ao ano; e o valor de alerta a partires do cal a adminisración debe advertir á poboación son 400ug/m3 en tres horas consecutivas. Precisamente este valor de alerta superouse en Ourense entre as 11 e as 12 da mañán do día 22 de febreiro, faltando datos de todas as horas anteriores (un día enteiro). Se as medicións das 9h tiveran superado os 400ug/m3 a Xunta debería ter decretado a alerta por contaminación. Só a administración sabe por que non publicou estes valores.

Data - Hora Ourense NOX (ug/m3)
21/02/2011 01:00 130,59
21/02/2011 02:00 43,4
21/02/2011 03:00 50,63
21/02/2011 04:00 45,66
21/02/2011 05:00 46,26
21/02/2011 06:00 91,6
21/02/2011 07:00 122,67
21/02/2011 08:00 231,16
21/02/2011 09:00 320,39
21/02/2011 10:00 ?
21/02/2011 11:00 ?
21/02/2011 12:00 ?
21/02/2011 13:00 ?
21/02/2011 14:00 ?
21/02/2011 15:00 ?
21/02/2011 16:00 ?
21/02/2011 17:00 ?
21/02/2011 18:00 ?
21/02/2011 19:00 ?
21/02/2011 20:00 ?
21/02/2011 21:00 ?
21/02/2011 22:00 ?
21/02/2011 23:00 ?
22/02/2011 00:00 ?
22/02/2011 01:00 ?
22/02/2011 02:00 ?
22/02/2011 03:00 ?
22/02/2011 04:00 ?
22/02/2011 05:00 ?
22/02/2011 06:00 ?
22/02/2011 07:00 ?
22/02/2011 08:00 ?
22/02/2011 09:00 ?
22/02/2011 10:00 413,73
22/02/2011 11:00 436,29
22/02/2011 12:00 285,97

Segundo o rexistro de emisións PRTR-España as industrias radicadas en Galiza emiten 19.565.000 Kg de óxidos de nitróxeno (NOx/NO2), é dicir o 7,15% do total do Estado (datos de 2009). Os 4 principias focos contaminantes industriais segundo o rexistro mencionado están na Coruña (térmica de As Pontes e refinería de Repsol), a fatoría de Alúmina en Cervo, e o cuarto está en Ourense (COREN), un "centro de procesado avícola" cunha emisión de 1,5 millóns de kg/ano. Non é de estrañar portanto que Ourense acade valores tan altos de NOx, polas elevadas emisións industriais e urbanas, unidas á particular climatoloxía e á relativamente baixa circulación do aire da cidade.

Porén, para ADEGA resulta máis preocupante a falta de información cidadá e a "casual" desaparición de determinados datos, que impide á cidadanía tomar medidas para minimizar os riscos de exposición a estas substancias. Alén disto, nada sabemos das medicións da rede industrial e dos níveis doutros contaminantes como os metais pesados, (Pb, As, Cd e Ni) o benceno ou os hidrocarburos aromáticos polocíclicos (HAP), vencellados tamén á actividade industrial e ao tráfico.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA