![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Ampliación da Rede Natura: primeiro, canteiras e minas e despois xa veremos |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]() Estes Planos Reitores de Uso e Xestión (PRUX), que debería redactar a Xunta nun prazo de dous anos após da declaración de espazo protexido, son vencellantes para todas as administracións con competencias (hidráulicas, de costas, enerxéticas, etc.). A día de hoxe, ningún espazo da Rede Natura conta con PRUX e mesmo no Parque Nacional das Illas Atlánticas (2002), ou os parques naturais das Fragas do Eume (1997) e Corrubedo (1992) están logo de moitos anos aínda en redacción.
Deste xeito, proxectos acuícolas, eólicos, mineiros ou hidráulicos, ao non estar expresamente excluidos nos preceitivos PRUX (porque non existen) poden implantarse en espazos protexidos cunha simples declaración de impacto favorábel, moitas delas de dubidoso rigor e con escandalosas omisións. Tal aconteceu cos aproveitamentos hidroeléctricos do Sil (Santo Estevo II), coa liña de alta tensión Trives-Aparecida, coas canteiras e parques eólicos do Xistral ou coas piscifatorías de Cabo Vilán, Rinlo, e Touriñán.
E nos espazos que deberían integrarse na Rede Natura, segundo a proposta que a Xunta presentou en 2008, proxectos como canteiras e minas van reducindo as posibilidades de contarmos cunha Rede Natura coerente, á altura da nosa riqueza natural.
ADEGA demanda da Xunta de Galiza que aprobe xa a proposta de ampliación da Rede Natura redactada en 2008 e declare unha moratoria para as actividades extractivas, parques eólicos, piscifatorías e demáis aproveitamentos industriais e infraestruturas mentres non se aproban os preceitivos instrumentos de xestión e o Plano Director destes espazos.
O contrario suporía unha escandalosa complicidade da administración coa política dos feitos consumados e un intolerábel agravio comparativo para a cidadanía en xeral e os habitantes dos espazos protexidos que ven como se limitan os seus usos, mentres piscifatorías, canteiras, eléctricas e eólicas teñen patente de corso para tomar por asalto a Rede Natura.
|