Adega
INICIO Novas Unha canteira en Carnota, visíbel en quilómetros arredor, afectará ao patrimonio natural e cultural
Unha canteira en Carnota, visíbel en quilómetros arredor, afectará ao patrimonio natural e cultural PDF Imprimir Correo-e
Envia Unha canteira en Carnota, visíbel en quilómetros arredor, afectará ao patrimonio natural e cultural a FaceBookEnvia Unha canteira en Carnota, visíbel en quilómetros arredor, afectará ao patrimonio natural e cultural a Twitter
muros2tn.jpg3 de febreiro de 2010. A ampliación da canteira "Costa Grande 2" estenderá o impacto paisaxístico dende Muros-Noia á enseada de Carnota e ría de Corcubión, sendo visíbel mesmo dende Fisterra. Unha das paisaxes máis representativas do país, dominada polo macizo do Pindo, verase irremediabelmente estragada nun ano no que agarda un incremento de visitas á bisbarra polo Xacobeo. Todos os montes entre Muros e Carnota son un excepcional xacemento de petroglifos, a maioría sen catalogar. E a zona está incluida na proposta de ampliación da Rede Natura presentada en 2007 e pendente de aprobación. Sen catálogo de paisaxes protexidas, sen ampliación da Rede Natura e cun patrimonio arqueolóxico descoñecido pola administración, canteiras, parques eólicos e piscifatorías teñen "barra libre". Alegacions CANTEIRA MUROS.pdf Alegacións CANTEIRA (31 KB)

costagrande.gifCómpre lembrar que a Lei 7/2008 da Protección da Paisaxe de Galiza traslada ao ordeamento galego as diretrices emanadas da Convención Europea da Paisaxe e establece a obriga de redactar un catálogo de paisaxes protexidas. Entendemos que mentres non se desenvolva este instrumento legal, e dadas as calidades paisaxísticas da area afectada e os impactos sobre este recurso, sería recomendábel aplicar o principio de precaución e non autorizar actividades que, coma esta explotación, poderían condicionar negativamente e deteriorar os valores paisaxísticos dunha contorna tan singular.
A maiores, o proxecto de ampliación da actual explotación afectaría á proposta de ampliación da Rede Natura 2000 presentada pola Xunta (Consellaría de Medio Ambiente) en 2007, que pretendía a ampliación do LIC Carnota-Monte Pindo en máis de 230.000 Ha, un terzo delas nos montes e planaltos entre os concellos de Carnota e Muros nos que ubicaría a explotación. Na memoria desta ampliación recóllense as xustificacións para incluir no LIC Carnota-Monte Pindo unha nova área continental, na zona de Paxareiras e outeiros próximos: aumentar a representatividade das áreas de turbeiras ácidas e breixais atlánticos nas serras litorais, ambos os dous hábitats prioritarios segundo a Directiva 92/43CEE.
costagrande1.jpgEn toda a área de estudo e mesmo a carón da explotación actual existe un amplo e parcialmente descrito campo de petroglifos, obxecto de recentes descubrimentos segundo se recolle na publicación “Gravados rupestres nos montes de Carnota” de José Cernadas Sande, 2007. Mesmo as escombreiras da actual explotación, a “Costa Grande 1ª” están a afectar xa aos xacementos rupestres da Cova da Bruxa. Parece claro pois, que sen ter estudado a fondo unha zona cun potencial patrimonial tan rico, non se deberían poñer en risco estes valores cunha nova explotación enriba da zona arqueolóxica. Máis aínda, a actual explotación debería ser paralisada para non continuar afectando aos elementos patrimoniais antes descritos.
Este proxecto é outro dos moitos exemplos de actividades de alto impacto (canteiras, parques eóoicos, piscifatorías, portos deportivos, polígonos industriais, infraestruturas viarias, etc.) que, por non existir un ordenamento territorial minimamente sustentábel, por non desenvolver os instrumentos legais que efeitivicen a protección do patrimonio natural e cultural ou sinxelamente por desleixo, están a provocar a desaparición silandeira dun patrimonio secular.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

quilmasbanner2.gif



ADEGA