Adega
INICIO Últimas novas 22-M: por unha Nova Cultura da Auga, tamén en Galiza
22-M: por unha Nova Cultura da Auga, tamén en Galiza PDF Imprimir Correo-e
Envia 22-M: por unha Nova Cultura da Auga, tamén en Galiza a FaceBookEnvia 22-M: por unha Nova Cultura da Auga, tamén en Galiza a Twitter
22 de marzo de 2011. Co gallo do Día Mundial da Auga, os colectivos ecoloxistas ADEGA, Amigos da Terra, FEG, SGHN e Verdegaia presentamos un Manifesto_DMA_2011 (33Kb) na procura dunha mudanza radical no xeito de entendermos o uso deste elemento vital para a vida. O xeito de xestionar a súa demanda tanto na faciana extractiva como de depuración, reverterá na calidade do noso ecosistema e na sustentabilidade da nosa sociedade.

É imprescindíbel mudar radicalmente a xestión dos recursos hídricos que permita mellorar a calidade ecolóxica das augas litorais e continentais mediante a diminución do consumo e unha axeitada depuración, á vez que se garante a xestión pública e o acceso colectivo a un auga de calidade. A auga cumpre unha función ambiental e social básica e como tal, é un ben público polo que a súa xestión debe se manter neste ámbito, fuxindo de procesos de privatización ou especulación.

O manifesto demanda, entre outras medidas, a declaración da inalienabilidade da auga como ben público e colectivo, o establecemento de iniciativas fiscais e de tarificación que fomenten un consumo racional da auga, que incentiven o aforro e penalicen o desbaldimento, sempre dende a perspectiva da equidade e a xustiza social, prohibir a construción de mais centrais hidroeléctricas impedindo tamén os transvases entre bacías, deslindar o dominio público hidráulico e defendelo fronte á súa apropiación para usos privados. estabelecer e facer cumprir os réxies de caudais ecolóxicos en todos os ríos e o desenvolvemento dun amplo programa de educación e sensibilización cidadá para que os principios e os preceptos da Nova Cultura da Auga sexan asumidos e interiorizados pola nosa sociedade.

Manifesto_DMA_2011 (33Kb)


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA