Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Xurés, Limia, Courel, Macizo Central... e agora, as Fragas do Eume en chamas PDF Imprimir Correo-e
Envia Xurés, Limia, Courel, Macizo Central... e agora, as Fragas do Eume en chamas a FaceBookEnvia Xurés, Limia, Courel, Macizo Central... e agora, as Fragas do Eume en chamas a Twitter
LumeEumesat31 de marzo de 2012. O lume que o serán deste día comezou a queimar o corazón do Parque Natural das Fragas do Eume, o mellor e máis extenso reduto de bosque atlántico que temos no País, evidencia a un tempo as miserias da política de conservación e os erros das estratexias forestais da Xunta. Esta nova catástrofe ecolóxica non é pois casual: é consecuencia do desleixo e da falla de investimentos na conservación dos espazos naturais protexidos; é consecuencia da irracionalidade do actual modelo forestal que esquece os servizos ambientais e sociais do monte e da biodiversidade, que fomenta os monocultivos e que permitíu proliferación de eucaliptos dentro do parque; e é consecuencia da miopía dun sistema de loita contra o lume que segue primando a extinción e o desbaldimento de recursos en lugar de investir en prevención.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta deixa especies en perigo de extinción fóra da ampliación da Rede Natura PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta deixa especies en perigo de extinción fóra da ampliación da Rede Natura a FaceBookEnvia A Xunta deixa especies en perigo de extinción fóra da ampliación da Rede Natura a Twitter
Escribenta26 de marzo de 2012. 5 anos despois de ter aprobado o CGEA (Catálogo Galego de Especies Ameazadas) a práctica totalidade da nosa flora e fauna máis fráxil segue sen protección efectiva. Os primeiros 3 planos de recuperación/conservación destas especies (das 200 ameazadas) acaban de ser presentados pola Xunta, logo de que en 2007 licitaranse e eleboraranse varias ducias. Por iso non deixa de resultar patético que agora que a administración pretende aprobar medidas para recuperar unha especie en perigo de extinción, a escribenta das canaveiras, grande parte do hábitat onde aniña o 3% da poboación mundial desta especie (as brañas de Dodro), quede fóra da ampliación da Rede Natura 2000 do PP. Terá algo que ver o megaproxecto de paseo fluvial, praia e urbanización da contorna presentado por Costas en 2010?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA apoia a Folga Xeral deste 29 de marzo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA apoia a Folga Xeral deste 29 de marzo a FaceBookEnvia ADEGA apoia a Folga Xeral deste 29 de marzo a Twitter

Folga29M2012

O ECOLOXISMO SECUNDA A FOLGA XERAL DESTE 29 DE MARZO. Perante a convocatoria dunha Folga Xeral en Galiza e Euskal Herria e tamén a nível estatal o día 29 de marzo, as organizacións do movemento ecoloxista e da defensa do ambiente, consideramos que estas mobilizacións converten ese día nunha xornada chave na que estarán en xogo elementos básicos do noso modelo social. Desde o inicio da crise, a Unión Europea, o Fondo Monetario Internacional, Alemaña, Franza, os principais fondos de investimento e as axencias de cualificación, fundamentalmente, están a impoñer, coa complicidade e a aquiescencia dos distintos gobernos españois, un recuo social e ambiental brutal sobre a base de recortes de dereitos sociais e de orzamentos para a protección ambiental e social.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Cara unha nova cultura na xestión pública da auga PDF Imprimir Correo-e
Envia Cara unha nova cultura na xestión pública da auga a FaceBookEnvia Cara unha nova cultura na xestión pública da auga a Twitter
22 de marzo, Día Mundial da Auga. Neste día, e perante os intentos por parte dalgunhas administracións de privatizar os servizos de abastecemento, transporte, saneamento e depuración da auga, en ADEGA facemos nosas as reflexións que a FNCA (Fundación para unha Nova Cultura da Auga) propón encol da privatización da auga. A Directiva Marco da Agua sostén que a agua non é un ben comercial coma os demais, senón un patrimonio común. E esta consideración da agua como patrimonio esixe que a súa xestión sométase aos principios de solidariedade, coperación, acceso colectivo, equidade, control democrático e sustentabilidade. A privatización tende a limitar, dificultar ou suprimir os dereitos da cidadanía e convertirlos en simples dereitos de cliente. Mais para ADEGA, o carácter público e social dos servizos de abastecemento e saneamento non implica que sexan gratuitos, senón que deben dotarse de mecanismos que garantan o acceso á auga a quenes non poidan pagar por eles, e sobre todo, penalizar o desbaldimento.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Ampliación da Rede Natura 2000 do PP: Insuficiente, incompleta e incoerente PDF Imprimir Correo-e
Envia Ampliación da Rede Natura 2000 do PP: Insuficiente, incompleta e incoerente a FaceBookEnvia Ampliación da Rede Natura 2000 do PP: Insuficiente, incompleta e incoerente a Twitter
EXCLUSIONS21 de marzo de 2012. A proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galiza presentada pola Xunta en 2011 e cuxa exposición pública vén de rematar, confirma a vergoña de seguirmos coa Rede Natura máis cativa de todo o estado. As afirmacións dos actuais responsábeis políticos que cualificaron esta ampliación de "definitiva" e "completa", amosan claramente non só a súa incompetencia, senón tamén unha ilimitada desvergoña. Trátase dunha proposta claramente insuficiente, incompleta e incoerente, sen fundamentación científica nen legal, apoiada en inexactitudes e xustificada con trucos e demagoxia. A Xunta resolveu recurtar drásticamente o patrimonio natural galego para llo entregar ás eólicas, eléctricas, aos promotores e aos donos das canteiras e das piscifatorías.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Caso BRENNTAG: Que hai da responsabilidade das administracións? PDF Imprimir Correo-e
Envia Caso BRENNTAG: Que hai da responsabilidade das administracións? a FaceBookEnvia Caso BRENNTAG: Que hai da responsabilidade das administracións? a Twitter

20 de marzo de 2012. En 2006, o incendio na petroquímica Brenntag en Caldas de Reis provocou o vertido de substancias altamente tóxicas (ácidos, metais pesados, hidrocarburos aromáticos, organoclorados...) ao río Umia eliminando a vida acuática nun treito de 7 Km. Con independencia dos resultados do xuizo para determinar as responsabilidades do accidente e posterior catástrofe ecolóxica, ADEGA quere promover a reflexión sobre como se puido autorizar a construción dunha fatoría de alto risco para a saúde e o ambiente á beira dun ecosistema tan sensíbel. A ubicación da empresa na zona inundábel do Umia multiplicou os impactos do vertido. Que acontecería no caso dun accidente cos depósitos do Ferrazo, na ría de Arousa ou cos de REGANOSA na ría de Ferrol?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 23 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA