Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Que non che conten contos: descobre as mentiras da incineración PDF Imprimir Correo-e
Envia Que non che conten contos: descobre as mentiras da incineración a FaceBookEnvia Que non che conten contos: descobre as mentiras da incineración a Twitter
incineracionkkxm4 de xaneiro de 2012. Diante da ofensiva político-mediática para xustificar a instalación dunha nova incineradora no Irixo, ADEGA quere desenmascarar os argumentos que a Xunta e SOGAMA utilizan para vender as "bondades" da incineración dos residuos. Mediante unha serie de afirmacións e respostas, xustificadas con datos oficiais, destapamos a realidade de SOGAMA. Mentiras como que a incineración é o sistema máis usado e o que máis medra en Europa para tratar os residuos ou que as incineradoras modernas non contaminan; e medias verdades como que a incineración crea postos de traballo, fican rebatidas con argumentos e cifras. Infórmate para que non che conten contos!
Descarrega e difunde os argumentos contra as MENTIRAS da INCINERACIÓN (145 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Balanzo ambiental de 2011 e perspectivas ecoloxistas para o 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Balanzo ambiental de 2011 e perspectivas ecoloxistas para o 2012 a FaceBookEnvia Balanzo ambiental de 2011 e perspectivas ecoloxistas para o 2012 a Twitter
2012Compostela, xaneiro de 2012. Coa natureza do país abandonada á súa sorte en 2011, 2012 comeza coa dúbida de se o enésimo machetazo ao ambiente virá dende a Xunta ou o Estado. Atrás queda un Ano das Florestas no que os montes galegos de maior valor ecolóxico sufriron cos lumes un retroceso histórico. Coma nun bucle, a incineración rexurde 20 anos despois en perversa metástase no sur, outra volta da man da Xunta do PP. O territorio, o noso máis valioso recurso, viu multiplicadas as agresións con recortes lexislativos e unha planificación insustentábel. O acontecido en Barreiros, onde o incumprimento das leis e o desbaldimento de cartos públicos promovidos dende as administracións, dá a medida da corrupción dun sistema agresivo co ambiente, co patrimonio e cos dereitos sociais. 2012: un ano de crise ambiental e social que ADEGA afronta coa experiencia e o compromiso de máis 36 anos de loita ecoloxista.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Logo de meter o bulldozer lexislativo na Rede Natura, a Xunta propón unha ampliación misérrima PDF Imprimir Correo-e
Envia Logo de meter o bulldozer lexislativo na Rede Natura, a Xunta propón unha ampliación misérrima a FaceBookEnvia Logo de meter o bulldozer lexislativo na Rede Natura, a Xunta propón unha ampliación misérrima a Twitter
superficieRNxcom21 de decembro de 2011. Pariron os montes: Medio Rural acaba de facer pública a proposta de ampliación da Rede Natura 2000 que a Xunta pretende aprobar en 2012. Do 12% do territorio en RN pasariase ao 15%, moi por baixo da media estatal (28%) e lonxe do 71% de Canarias. Esta proposta é aínda máis cativa que a que elaborara o bipartito en 2007 (1.57 Mb), que pretendía chegar até o 18% do país baixo esta figura de protección, na liña da media europea. Así as cousas, e despois que nestes 2 anos a Xunta perpetrara unha política de sistemática demolición da protección da natureza (modificacións lei do solo, eliminación de trámites ambientais, POL e Plano Director da RN hiperpermisivos) rematando coa Lei de Industria por se quedaba algún territorio que non se puidera asaltar, a Rede Natura deixou de ter sentido como rede ecolóxica e pasou a ser chan barato para a especulación.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
36 Asemblea de ADEGA: en marcha por unha Galiza sustentábel PDF Imprimir Correo-e
Envia 36 Asemblea de ADEGA: en marcha por unha Galiza sustentábel a FaceBookEnvia 36 Asemblea de ADEGA: en marcha por unha Galiza sustentábel a Twitter

portada_36A17 de decembro de 2011. Este sábado 17 de decembro celebramos en Arzúa a 36 Asemblea Ordinaria de ADEGA nos locais da Casa da Cultura (Rúa Santiago) en sesión de mañán e tarde (recinto feiral-Terractiva). Baixo o lema "En marcha por unha Galiza sustentábel" faremos un balanzo do acontecido a nível ambiental no 2011 e avaliaremos as liñas estratéxicas da organización e os reptos futuros. Nesta xornada celebraremos tamén a tradicional cea anual de confraternización no decurso da que faremos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA falla os premios Osíxeno e Dioxina 2011 PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA falla os premios Osíxeno e Dioxina 2011 a FaceBookEnvia ADEGA falla os premios Osíxeno e Dioxina 2011 a Twitter
oxdiox215 de decembro de 2011. Van xa 11 anos dende que ADEGA decidíu recoñecer as millores e piores actuacións ambientais do ano coa entrega dos premios OSÍXENO e DIOXINA.
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2011:
-Categoría individual: a Xosé Alfredo Pereira, Presidente da ORGACCMM.
-Categoría colectivo: á Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva ou insustentábel:
-Categoría individual: ao alcalde de Barreiros, Alfonso Puente.
-Categoría colectivo: á Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galiza.
Premio OSÍXENO DE HONRA a Mini e Mero polo seu compromiso cos valores culturais e naturais do país.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Premios Osíxeno e Dioxina á millor e pior actuación ambiental de 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Premios Osíxeno e Dioxina á millor e pior actuación ambiental de 2012 a FaceBookEnvia Premios Osíxeno e Dioxina á millor e pior actuación ambiental de 2012 a Twitter
oxdiox212 de decembro de 2012. Nesta data sinalada, ADEGA vén de fallar os premios OSÍXENO e DIOXINA para recoñecer ás millores e piores actuacións ambientais do ano. 
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2012:
-Categoría individual: A Alfredo López, ex-presidente da CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños)
-Categoría colectivo: Á Plataforma para defensa da Ría do Burgo.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva ou insustentábel:
-Categoría individual: Ao alcalde do Irixo, Manuel Penedo.
-Categoría colectivo: Aos políticos responsábeis da marea negra do Prestige (Mariano Rajoy, Álvarez-Cascos, Aznar, Arias Cañete, Fernández de Mesa e Jaume Matas).
Premio OSÍXENO DE HONRA á Plataforma Nunca Máis polo seu compromiso co ambiente e a dignidade dun país.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 27 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA