Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
ADEGA expresa o seu pesar polo pasamento de Anxo Vila, patrón do Xurelo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA expresa o seu pesar polo pasamento de Anxo Vila, patrón do Xurelo a FaceBookEnvia ADEGA expresa o seu pesar polo pasamento de Anxo Vila, patrón do Xurelo a Twitter
14 de decembro de 2011. Este pasado luns finou Anxo Vila o patrón do palangreiro "Xurelo" que en 1981 zarpou de Ribeira para deter as verteduras de residuos nucleares na foxa atlántica. Foi unha travesía épica que marcou o inicio dunha loita ecoloxista e cidadá que concluiría anos despois coa proibición de verter refugallos nucleares ao mar. O compromiso de Anxo foi un exemplo para todos e todas e contribuíu definitivamente ao espallamento do sentimento ecoloxista entre a cidadanía galega. Grazas Anxo, bo e xeneroso, e até outra singradura.
Artigo de Rebeca Hermo sobre os 30 anos do Xurelo.
Artigo sobre a travesía Xurelo en Culturagalega.org
Artigo de Alberte Ramos, "O amencer do ecoloxismo en Galicia".
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
A realidade dos residuos en Galiza: "Puntos limpos" ou simples vertedoiros de produtos perigosos? PDF Imprimir Correo-e
Envia A realidade dos residuos en Galiza: "Puntos limpos" ou simples vertedoiros de produtos perigosos? a FaceBookEnvia A realidade dos residuos en Galiza: "Puntos limpos" ou simples vertedoiros de produtos perigosos? a Twitter
Pilas12 de decembro de 2011. Os puntos limpos deseñáronse para xestionar aqueles residuos urbanos tóxicos, perigosos ou especiais que non deben xuntarse co lixo domiciliario. Usualmente, son os concellos quenes os xestionan e a veciñanza debe trasladar voluntariamente os seus residuos (pilas, lámpadas, ordenadores, aceites...) coa garantía que van ser tratados axeitadamente. Porén, moitos puntos limpos son instalacións virtuais: non están abertos ou funcionan mal. Nestes casos rematan sendo simples "aparcadoiros de lixo" no que os residuos amoreados carecen das mínimas garantías sanitarias e ambientais. Tal é o caso do "punto limpo" do concello das Neves: baterías polo chan, anacos de uralita ciscados entre cascallos, aceites rebordando coa chuvia dun contentor aberto e fluindo polo chan...
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
SOGAMA II: a Xunta, facendo política-ficción coa xestión do lixo PDF Imprimir Correo-e
Envia SOGAMA II: a Xunta, facendo política-ficción coa xestión do lixo a FaceBookEnvia SOGAMA II: a Xunta, facendo política-ficción coa xestión do lixo a Twitter
5 de decembro de 2011. O recente anuncio de que a incineradora da SOGAMA do sur irá no concello do Irixo da man de Estela Eólica, non por agardado deixa de sorprender. Sorprende que a Xunta siga apostando pola incineración e o vertido, contrariamente ao recomendado nas directivas europeas e nas leis de residuos estatal e galega. Sorprende que a unha empresa eólica se lle adxudique "a dedo" un servizo público sen mediar concurso. Sorprende que un recurso de todos/as, os residuos urbanos, vaian ser privatizados para lucro dunha empresa. Sorprende... ou non? O que está claro é que despois de meses de indefinición, escurantismo e cálculos eleitoralistas, a Xunta insiste en continuar coa farsa da incineradora do sur: no actual contexto económico e cun horizonte de forte redución das primas eólicas, que empresa vai adiantar 230 millóns de € para que en 2014 funcione a incineradora do Irixo sen ter seguros os ingresos dos muíños?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A hibridación, unha nova ameaza para a supervivencia do lobo galego PDF Imprimir Correo-e
Envia A hibridación, unha nova ameaza para a supervivencia do lobo galego a FaceBookEnvia A hibridación, unha nova ameaza para a supervivencia do lobo galego a Twitter
30 de novembro de 2011. Á caza (permitida en Galiza), ao furtivismo, envelenamentos, atropelos... hai que engadir agora un novo risco para a supervivencia do Canis lupus signatus no noso país: a hibridación cos cans. Ao parecer, detectáronse recentemente exemplares híbridos na zona do Barbanza. Estudos noutras áreas da península apotan a que os híbridos poderían representar até un 4% da poboación total lobeira. Isto supón un grave risco para a continuidade xenética da especie, e as administracións responsábeis da "xestión" do lobo deberían actuar de contado. Para ADEGA esta é unha razón máis para elevar o estatus do lobo a especie protexida: non está o lobo xa suficientemente ameazado? Coñece ao noso lobo (591 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Cimeira do clima de Durban: especulando co cambio climático? PDF Imprimir Correo-e
Envia Cimeira do clima de Durban: especulando co cambio climático? a FaceBookEnvia Cimeira do clima de Durban: especulando co cambio climático? a Twitter
29 de novembro de 2011. A conferenza COP-17 está a decidir en Durban o futuro dun Protocolo de Quioto cuxo primeiro periodo remata en 2012. Porén, o acordo semella imposíbel. A crise económica fai que moitos países miren antes polos seus intereses que polo ben do planeta: EEUU e China, de acordo en fuxir de calquera compromiso, alén dos voluntarios; potencias emerxentes coma Brasil ou a India queren seguir tendo bula para desenvolverse e emitir "de balde"; Europa, onde dixo redución do 30% para 2020, agora di 20% e Xapón e Canadá desvencéllanse de futuros compromisos... Cunhas emisións de gases de efeito invernadoiro que voltan a superar máximos históricos e cunha concentración récord de CO2 na atmosfera (392 ppm), un acordo de redución serio e ambicioso non pode agardar máis. Esa cifra, 392 ppm de CO2 é a verdadeira prima de risco para o planeta: non podemos seguir especulando así co clima!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Fiscal de Medio Ambiente abre dilixencias para investigar as gaiolas de salmón na ría de Muros PDF Imprimir Correo-e
Envia O Fiscal de Medio Ambiente abre dilixencias para investigar as gaiolas de salmón na ría de Muros a FaceBookEnvia O Fiscal de Medio Ambiente abre dilixencias para investigar as gaiolas de salmón na ría de Muros a Twitter
salmonmuros21 de novembro de 2011. Asociacións ecoloxistas galegas e estatais, armadores e outras entidades do sector pesqueiro vimos de trasladarlle á Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG a nosa inquedanza polos riscos que para o medio mariño e os recursos pesqueiros das rías ten a instalación de gaiolas para o cultivo do salmón. No decurso da xuntanza co Fiscal fixémoslle entrega, xunto coa denuncia colectiva, dun DOSSIER (944 Kb) c coas irregularidades do proceso e a documentación gráfica que certifica, fronte á desinformación da consellaría do Mar, a alta mortalidade dos peixes, a nefasta xestión dos refugallos e o uso de recursos públicos para unha actividade privada. Pedímoslle ao Ministerio Fiscal que solicite á Xunta os informes que "avalan" esta experiencia contrastándoos con análises e informes científicos independentes e que, fronte aos intentos da Xunta "pontear" as leis, garanta o cumprimento estrito da lexislación ambiental.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 28 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA