Adega
INICIO Últimas novas ADEGA, FEG e a SGHN: O comezo da pesca compromete o futuro dos ríos ante a pasividade da Xunta
ADEGA, FEG e a SGHN: O comezo da pesca compromete o futuro dos ríos ante a pasividade da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA, FEG e a SGHN: O comezo da pesca compromete o futuro dos ríos ante a pasividade da Xunta a FaceBookEnvia ADEGA, FEG e a SGHN: O comezo da pesca compromete o futuro dos ríos ante a pasividade da Xunta a Twitter
rioseco17 de marzo de 2012. A Xunta de Galiza pecha os ollos ante a situación de seca que están a sufrir os nosos ríos e mantén o inicio da pesca para este domingo 18 de marzo, co conseguinte risco para as poboacións piscícolas e os ecosistemas fluviais. Augas de Galiza, Confederación Miño-Sil e Confederación do Cantábrico coinciden en sinalar que no presente mes acádanse mínimos históricos nos caudais da maioría dos ríos galegos. Os efectos desta seca sobre os ecosistemas acuáticos e as especies piscícolas (que se atopan nunha situación de estrés) verase incrementado coa pesca, o que pode comprometer o futuro de moitas poboacións da fauna e flora ligadas aos ríos nun cenario de afluencia masiva de pescadores (comezo de tempada) e reducido espazo para a vida acuática (caudais baixos). Pescar nesta situación de seca pode comprometer o recrutamento (as incorporacións de novos exemplares), especialmente salmónidos (troita, reo e salmón), pola maior captura de reprodutores e destrución de zonas de reproducción (frezadoiros).

Ante esta situación o goberno galego está a facer ouvidos xordos ás distintas voces que recomendan o retraso do comezo da tempada de pesca e negando a realidade meteorolóxica. Por esta deixadez de funcións ADEGA, a FEG (18 organizacións) e a SGHN instamos á Dirección Xeral de Conservación da Natureza a que reconsidere a súa decisión de continuar con normalidade a tempada de pesca e paralice o seu desenvolvemento até que se podan restablecer os caudais medios dos nosos ríos. Todo o contrario suporá poñer en risco os nosos ecosistemas fluviais e hipotecar o futuro da pesca en Galiza.

Asinan: ADEGA, FEG (integrada por ADEGA, ADENCO, APDR, Asemblea do Suido, Colectivo Ecoloxista do Salnés, Coto do Frade, Gerrilleiros das Fragas, G.N. Hábitat, Luita Verde, MEL, Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verbo Xido, Verdegaia e Xevale) e a SGHN.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA