Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Para isto recurtou o PP a Rede Natura: eólicos sobre hábitats prioritarios e especies ameazadas PDF Imprimir Correo-e
Envia Para isto recurtou o PP a Rede Natura: eólicos sobre hábitats prioritarios e especies ameazadas a FaceBookEnvia Para isto recurtou o PP a Rede Natura: eólicos sobre hábitats prioritarios e especies ameazadas a Twitter
barbanza24 de abril de 2012. A cativa ampliación da Rede Natura 2000 que hai uns meses presentou a Xunta contrastaba coa proposta máis ampla que a administración tiña lista en 2008. As razóns dos "recurtes"? Deseñar uns espazos protexidos a medida dos intrereses amigos. Agora as probas desta "doma e castración" da Rede Natura galega abrollan: o que ía ser un dos LICs máis extensos na prevista ampliación de 2008, a Serra do Barbanza, caeuse da proposta do PP para deixar sitio á cobiza da patronal eólica. Nada menos que 3 hábitats cuxa conservación é priporitaria para a UE e ducias de especies ameazadas e endemismos sufrirán os efectos dos recurtes de Feijóo e Hernández. Até cando imos consentir esta aldraxe?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plantar, queimar, plantar: a Xunta abre a porta aos cultivos enerxéticos con invasoras nos montes PDF Imprimir Correo-e
Envia Plantar, queimar, plantar: a Xunta abre a porta aos cultivos enerxéticos con invasoras nos montes a FaceBookEnvia Plantar, queimar, plantar: a Xunta abre a porta aos cultivos enerxéticos con invasoras nos montes a Twitter
23 de abril de 2012. A FEG, da que fai parte ADEGA, advirte dunha nova ameaza para os montes galegos: os cultivos enerxe?ticos. A Xunta está a preparar ás caladas unha Orde que permitirá a plantación de até 100 ha continuas, mesmo de especies alóctonas (xéneros Eucaliptus, Leucaena, Paulownia, Liquidambar ou Liriodendron) as tres primeiras invasoras ou con potencial invasor, para queimar nas plantas de biomasa. Nos u?ltimos meses, a Xunta esta? a acelerar a ma?quina lexislativa coa modificacio?n, estratexicamente estudada, de multitude de leis relacionadas cos montes. Arestora están na fase final da aprobacio?n os proxectos de plantas de biomasa forestal primaria, en trámite a nova Lei de Montes, e a Xunta ten tamén intención de modificar a lexislación de Montes en Man Comu?n, ao que hai que engadir esta orde para regular os cultivos enerxe?ticos. Incendios forestais, incineración de residuos e agora cultivos enerxéticos... Que teima ten a Xunta con queimalo todo!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Día da Terra 2012: Por unha nova política de residuos sen incineración PDF Imprimir Correo-e
Envia Día da Terra 2012: Por unha nova política de residuos sen incineración a FaceBookEnvia Día da Terra 2012: Por unha nova política de residuos sen incineración a Twitter
Este domingo 22 de abril, Día da Terra, milleiros de persoas manifestámonos en Lalín para expresar o noso rexeitamento (mentres sexa legal facelo) ás intencións da Xunta de seguir apostando pola incineración dos residuos e construir unha nova incineradora no sur de Galiza. Malia aos cantos de serea da administración insinuando que desbotaba a ubicación do Irixo, o certo é que mentres a incineración siga sendo o sistema preferido polo PP para tratar os residuos galegos, ningunha comarca estará libre da ameaza das dioxinas. POR UNHA NOVA POLÍTICA DE RESIDUOS SEN INCINERACIÓN! Manifesto DÍA DA TERRA 2012 (97 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte PDF Imprimir Correo-e
Envia SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte a FaceBookEnvia SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte a Twitter
17 de abril de 2012. Diante da inmediata prohibición por parte da UE de pesticidas con flufenoxuron (1 de agosto de 2012) e das fumigacións aéreas (deber de incorporala na lexislación estatal en decembro de 2011, e de adoptar planos de acción denantes de decembro deste ano) a industria química (BASF) e a patronal pasteira (ASPAPEL) están tentando colocar aceleradamente os "stocks" deste veleno (presentación comercial "Cascade"). Unha estratexia que en Galiza pasa pola fumigación masiva con "Cascade" dos eucaliptais galegos contra o gorgullo do eucalipto. Como xa denunciamos ecoloxistas, abelleiros e sindicatos agrarios, este biocida resulta letal para as abellas e tóxico para o ambiente e as persoas. O que resulta lamentábel é que a Xunta esté actuando como axente comercial do lobby químico e pasteiro, "avalando" as fumigacións masivas nos nosos montes co lixo tóxico que dentro de poucos meses BASF só poderá colocar no terceiro mundo. Asina esta petición para salvar as abellas galegas! Denuncia flufenoxuron Fiscalía
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA denuncia na Fiscalía a utilización de lazos no Barbanza para o exterminio do lobo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia na Fiscalía a utilización de lazos no Barbanza para o exterminio do lobo a FaceBookEnvia ADEGA denuncia na Fiscalía a utilización de lazos no Barbanza para o exterminio do lobo a Twitter
12 de abril de 2012. Perante a aparición de 25 lazos e varios lobos mortos nos montes do Barbanza (parroquia de Runs, Boiro), ADEGA vén de denunciar diante da Fiscalía do TSXG estes feitos xa que poden constituir un delicto contra os recursos naturais atendendo ao artigo 336 do Código Penal. Mentres, nos montes do país estase a desenvolver unha auténtica persecución a morte do lobo, que alén destas salvaxes prácticas, ten tamén que enfrontarse a unha administración cómplice que deixou a súa xestión nas mans dos cazadores e ás informacións negativas sobre o cánido que aparecen dende hai meses nalgúns medios subvencionados. Con eses vimbios temos agora este cesto: entre os lazos asasinos, o chumbo dos cazadores, o desleixo da Xunta e a propaganda negativa, o lobo galego está a sufrir un exterminio legal e ilegal. ADEGA fai un chamado á cidadanía para denunciar estes atentados contra a nosa fauna perpetrados con lazos, trampas ou cebos envelenados. E para as denuncias sexan efectivas, compre seguir un Protocolo de tratamento de LAZOS_e CEBOS para garantir a validez das probas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Os lumes esquecidos: ademais das Fragas, dende o outono arderon 15.839 ha de espazos protexidos PDF Imprimir Correo-e
Envia Os lumes esquecidos: ademais das Fragas, dende o outono arderon 15.839 ha de espazos protexidos a FaceBookEnvia Os lumes esquecidos: ademais das Fragas, dende o outono arderon 15.839 ha de espazos protexidos a Twitter
Lumes-28-3-2012tn11 de abril de 2012. A repercusión social e mediática do incendio das Fragas do Eume eclipsou o enorme impacto que o lume está a causar dende o outono nos espazos protexidos do interior: case 16.000 ha queimadas só en 7 LICs da Rede Natura sur-oriental (Baixa Limia-Xurés; Macizo Central; Pena Trevinca; Pena Maseira; Ancares-Courel; Canóns do Sil e Pena Veidosa). A Xunta, máis ocupada en desinformar e eludir responsabilidades, obviou sistemáticamente o que constitúe unha das catástrofes ecolóxicas máis importantes acontecidas no país dende o Prestige. Lembremos que na vaga de lumes de 2006, a afección á totalidade da Rede Natura galega non chegou ás 2.000 ha. O realmente indignante é que a Xunta, que agora proclama "ter un plan" para rexenerar as Fragas (750 ha queimadas), non fixo ren para recuperar as 15.839 ha de valioso patrimonio natural arrasadas en menos de 6 meses.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 21 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA