Adega
INICIO Últimas novas I Feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana
I Feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana PDF Imprimir Correo-e
Envia I Feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana a FaceBookEnvia I Feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana a Twitter
Este vindeiro domingo 18 de marzo, ADEGA organiza a I FEIRA DE PRODUTOS NATURAIS E ARTESÁNS na Eira da Xoana ( Ramil,  Agolada). Poderemos pasar unha agradable xornada mercando, desfrutando da contorna e incluso quedarnos a xantar, xa que ADEGA porá callos, polbo, viño, auga e café a prezos populares. Tamén disporemos de empanadas, queixos, doces e moitos mais produtos a escoller de entre a ampla oferta de postos que haberá na feira. A feira abrirá ao público ás 11.00 horas e durará até as 18:30–19:00h . Ainda que o tempo non nos acompañe os nosos produtores, artesáns, colectivos  e todos aqueles que asistan a feira estarán baixo cuberto nas carpas que disporá o concello de Agolada para tal fin, polo que a choiva tan esperada soamente mollará os nosas terras. Consulta eiquí o PROGRAMA COMPLETO.
Durante toda a xornada contaremos coa realización de varios obradoiros e demostracións (alfarería, cestería, cosmética natural…), palestras, xogos populares e ademais contaremos coa música de “Herba Grileira”, “Bico da Balouta” e os “Fantoches Baj” co cabezudo “Zampón O Lambón” e o oboísta Benxa Otero.

Dentro de todas estas actividades, destacamos o sorteo dunha cesta de produtos entre os consumidores da feira. Para iso entregaremos as rifas de balde a todas as persoas que lle fagan unha merca responsable os nosos produtores.

Neste día contaremos con mais de 40 postos  entre os que se atopan agricultores, apicultores, gandeiros, artesáns (pedra, coiro, barro, palla, madeira.)ademais de entidades de comercio xusto, ecoloxistas, que nos surtirán co melloríño dos seus produtos a maioría deles en ecolóxico.
Para mais info:
- Marcial Barral - 638475322
- Pepe Salvadores - 659683384
- Marga - 680503435 / 680903203.
Onde está a Eira da Xoana e como chegar ? Clica nesta ligazón de Google Maps

Apicultores

Produtos / Actividade

Maremel

Mel

CMV Caldebarcos

Mel

AGA

Mel

Abella Lupa

Mel

Agricultores

Raínha Lupa

Hortalizas, cereais e tubérculos, pan e aromáticas

Millo e Landras

Galiña de Mos, Polos, Porco Celta, Horta, Queixos

A horta de Dolores

Rosquillas, millo corvo, fabas, acelgas, cebolas, etc…

Hortasan

Hortalizas

A Carreira

Horticultura ecolóxica ( en conversión)

Xulio-Cereais

Cereais ecolóxicos

Fragueira

Pequenos froitos silvestres ecolóxicos

Ecoadellao

Hortalizas

Espazo agroecolóxico

Horta

Gandeiros

Monte Cabalar

Embutidos

Queixos Gabino

Queixo San Simón

Arqueixal

Queixo,leite e iogures

A flor de Mácara

Queixo + a Limiá

O Alle

Leite crú

Plantas Mediciñais

Hortalizas

Milulloa

Plantas aromáticas e mediciñais

Panadería / Repostería

Granxa Maruxa

Galletas de nata

Pan de Cartelle

Empanadas, pan

Reposteria - Rois

Empanadas e filloas

Reposteiría Eco

Doces

Luz Negueira

Pan / zumes

Xulia Moura

Bolachas soxa,queixo e froitos secos

Bebidas

Tanquián - Tuta fruta

Marmeladas, zumes e  conservas ecolóxicas

Menduíña

Cervexa artesá

Artesáns

Oscar

Cestería

Alfarería Agustin

Alfarería

Tania Looning

Artesáns coiro

Verónica

Cousas de Lá

Amor

Artesáns pedra

Carme Recimil

Sombreiros de palla

Arte en pedra

Coiro e pedra

Arte sinxelo

xoias - coiro - cristal

Cedrice

Xogos do mundo

Ruper

iinstrum. Madeira - carrañolas

Lan a man

Cousas de lá

Feito con xeito

Obxectos de papel

Ecococoarte

Bisutería (madeiras nóbeis, ósos

Comercio xusto

Equisol

Produtos ecoloxicos e comercio xusto

Panxea

Produtos ecoloxicos e comercio xusto

Amarante

Produtos ecoloxicos e comercio xusto

A cova da Terra

Produtos ecoloxicos e comercio xusto

Entidades

ADEGA

Asociación ecoloxista

Asociación Monte Pindo

Asociación

SLG

Sindicato

Zocamiñoca

Cooperativa de consumo responsable

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA