Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
A Xunta bota outros 4 millóns de € ao macrovertedoiro de SOGAMA PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta bota outros 4 millóns de € ao macrovertedoiro de SOGAMA a FaceBookEnvia A Xunta bota outros 4 millóns de € ao macrovertedoiro de SOGAMA a Twitter
17 de febreiro de 2012. O monstro de SOGAMA segue a desangrar as arcas públicas. Aos máis de 253 millóns de € gastados no último ano para manter o complexo de Cerceda en diversos contratos de servizos e subministros cuxa principal beneficiaria é Gas Natural-Fenosa e as súas filiais, únense agora outros 4,3 millóns +IVE para "servizos complementarios" no vertedoiro da Areosa. De novo a cara "B" de SOGAMA, convintemente agochada con contratos opacos negociados sen publicidade: desbaldimento de cartos públicos e gorentosos beneficios para o amigos. Quen dixo que a incineración non era un bo negocio?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plano Director de Acuicultura: Pescanova apunta e Feijóo dispara PDF Imprimir Correo-e
Envia Plano Director de Acuicultura: Pescanova apunta e Feijóo dispara a FaceBookEnvia Plano Director de Acuicultura: Pescanova apunta e Feijóo dispara a Twitter

10 de febreiro de 2012. O Plano Director de Acuicultura (PDA) é o instrumento legal que vai permitir á patronal do peixe plano asaltar a Rede Natura, comezando por Touriñán. Toda a costa é susceptíbel de albergar piscifatorías: non hai zonas de exclusión. A planificación resposta únicamente ás necesidades da industria e non ás características e valores do medio receptor. Tendo en conta ademais que “a propiedade dos terreos corresponderá á iniciativa privada e que as actuacións levaranse a cabo por expropiación forzosa só no caso que sexa necesario” fica claro o papel da Xunta: ser o brazo executor da patronal acuícola eliminando molestos atrancos ambientais e sociais. Para iso fíxose o POL, o Plano Director da Rede Natura, declarouse a acuicultura "de interese público de primeira orde" e castrouse a lexislación de avaliación ambiental. Con este PDA, Feijóo aposta por unha acuicultura modelo Chile, Guatemala ou Indonesia: desfeita ambiental, contaminación e man de obra cuase-escrava. Mais este PDA non será máis que outro "powerpoint" publicitario da Xunta mentres os fundos europeos de pesca sigan excluindo a macroacuicultura industrial: Pescanova dificilmente dará un paso sen ter garantido o 50% de subvencións públicas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA, APDR e a Federación de ANPAS de Lugo piden á Xunta que substitúa o "wifi" por cabo no Abalar PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA, APDR e a Federación de ANPAS de Lugo piden á Xunta que substitúa o "wifi" por cabo no Abalar a FaceBookEnvia ADEGA, APDR e a Federación de ANPAS de Lugo piden á Xunta que substitúa o "wifi" por cabo no Abalar a Twitter
EscolasenwifiCompostela, 8 de febreiro de 2012. Representantes das ANPAS de Lugo e dos colectivos APDR e ADEGA vímonos de reunir co subdirector xeral de sstemas informáticos da Consellaría de Educación, Carlos Vázquez, para trasladarlle a proposta de substituir o acceso a internet vía "wifi" por cabo nas aulas do proxecto Abalar. A exposición continuada das persoas á radiación electromagnética, particularmente dos nenos e nenas en idade escolar através dos móbiles e do sistema "wifi", pode causar graves danos á saúde como recoñece a Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC), dependente da Organización Mundial da Saúde. O propio Consello de Europa recomendou en maio de 2011 tomar medidas urxentes para reducir a exposición a este tipo de radiacións. Temos a oportunidade de, mediante uns pequenos cambios, facermos unhas aulas máis saudábeis para as nosas crianzas. Non é esta unha obriga de toda administración pública? Solicitude_ESCOLA_SEN_WIFI (408 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plataforma galega pola reciclaxe: por unha nova política de xestión dos residuos sen incineración PDF Imprimir Correo-e
Envia Plataforma galega pola reciclaxe: por unha nova política de xestión dos residuos sen incineración a FaceBookEnvia Plataforma galega pola reciclaxe: por unha nova política de xestión dos residuos sen incineración a Twitter

roldaplatOurense, 6 de febreiro de 2012. Neste día, constituiuse en Ourense a Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe, co obxectivo de unir os esforzos de todos os colectivos, organizacións, plataformas e persoas que rexeitamos a incineración como sistema para o tratamento dos residuos e defendemos as alternativas baseadas na redución, a reciclaxe e a compostaxe. Inicialmente promovida polas principais organizacións ecoloxistas galegas (ADEGA, Amigos da Terra, a FEG -18 organizacións-, SGHN e Verdegaia) a Plataforma está aberta a todos os colectivos sociais, dende partidos politicos e sindicatos a organizacións sectoriais, profesionais e por suposto ás plataformas locais que asinen o Manifesto fundacional.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Fronte á inoperancia da Xunta, mobilízate a prol do Monte Pindo PDF Imprimir Correo-e
Envia Fronte á inoperancia da Xunta, mobilízate a prol do Monte Pindo a FaceBookEnvia Fronte á inoperancia da Xunta, mobilízate a prol do Monte Pindo a Twitter
4 de febreiro de 2012. A Comisión 7ª do Parlamento Galego vén de rexeitar unha proposición non de lei apoiada polos grupos da oposición para instar á Xunta a declarar o Monte Pindo Parque Natural. Desatendendo unha vez máis o criterio de numerosos científicos, profesores universitarios, veciños e ducias de colectivos sociais e sectoriais, o PP volve a impedir que este singular espazo teña a protección que merece, e que esta protección acompáñese de medidas para beneficiar a veciñanza e dinamizar a Costa da Morte. Resulta irónico que o mesmo día que o PP rexeita esta proposta, a Xunta aprobe a "Estratexia Galega da Acuicultura" para permitir a Pescanova arramplar con Touriñán e dea o visto bó definitivo a 3 minicentrais de Villar Mir no Xallas. Eis o "desenvolvemento sustentábel" de Feijóo: frear as iniciativas respectuosas para entregar logo o noso patrimonio natural aos amigos. MANIFESTACIÓN NACIONAL O 14 DE ABRIL POLO PINDO
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O "think tank" da Xunta e o lobby incinerador contraatacan! PDF Imprimir Correo-e
Envia O "think tank" da Xunta e o lobby incinerador contraatacan! a FaceBookEnvia O "think tank" da Xunta e o lobby incinerador contraatacan! a Twitter
31 de xaneiro de 2012. Este pasquín estase a repartir pola comarca do Irixo onde se pretende construir a incineradora do sur. Semella que o gabinete de comunicación da Xunta decantouse polo "low cost" e o ridiculismo. Como estratexia para reforzar a oposición á incineración, é impagábel. Failles caso: colabora e difúndeo entre os teus contactos! A incineración vai acabar coa fame no mundo!
incineradorasi
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 25 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA