Adega
INICIO Últimas novas Cara unha nova cultura na xestión pública da auga
Cara unha nova cultura na xestión pública da auga PDF Imprimir Correo-e
Envia Cara unha nova cultura na xestión pública da auga a FaceBookEnvia Cara unha nova cultura na xestión pública da auga a Twitter
22 de marzo, Día Mundial da Auga. Neste día, e perante os intentos por parte dalgunhas administracións de privatizar os servizos de abastecemento, transporte, saneamento e depuración da auga, en ADEGA facemos nosas as reflexións que a FNCA (Fundación para unha Nova Cultura da Auga) propón encol da privatización da auga. A Directiva Marco da Agua sostén que a agua non é un ben comercial coma os demais, senón un patrimonio común. E esta consideración da agua como patrimonio esixe que a súa xestión sométase aos principios de solidariedade, coperación, acceso colectivo, equidade, control democrático e sustentabilidade. A privatización tende a limitar, dificultar ou suprimir os dereitos da cidadanía e convertirlos en simples dereitos de cliente. Mais para ADEGA, o carácter público e social dos servizos de abastecemento e saneamento non implica que sexan gratuitos, senón que deben dotarse de mecanismos que garantan o acceso á auga a quenes non poidan pagar por eles, e sobre todo, penalizar o desbaldimento.

Cara unha Nova Cultura da Xestión Pública da Auga

"A auga non é un ben comercial coma os demais, senón un patrimonio que hai que protexer, defender e tratar como tal."

(Considerando Primeiro, Directiva 2000/60 CE Marco de Augas)

"A Asemblea Xeral (das Nacións Unidas) (...) declara o dereito á auga potábel e ao saneamiento como un dereito humano esencial para o pleno desfrute da vida e de todos os dereitos humanos"

(Resolución da ONU sobre o Dereito Humano á Auga e ao Saneamento, A./64/l.63/Rev.1)

O dereito á auga e ao saneamento é unha necesidade básica e dende 2010, un dereito humano recoñecido pola Asemblea Xeral da ONU. O recoñecemento deste dereito obriga aos poderes públicos a fornecer os servizos asociados seguindo criterios de eficiencia, calidade no servizo, eficacia, cobertura universal, igualdade, non discriminación, transparencia, rendición de contas e sustentabilidade. Na consideración da auga como un Patrimonio común e do Dereito humano á auga potábel e ao saneamento, a Nova Cultura da Agua considera que os servizos de abastecemento e saneamento deben xestionarse públicamente e consonte aos seguintes criterios:
  • A xestión debe estar orientada ao uso sustentábel da agua baseada na prevención, conservación e restauración dos ecosistemas acuáticos.
  • Informada polos principios de eficacia, acceso universal, garantía axeitada, eficiencia técnica e recuperación e reparto equitativo dos custos, incluidos os ambientais.
  • Transparencia, acceso á información e rendición pública de contas con obxectivos, indicadores preestablecidos e avaliacións periódicas.
  • Con aplicación de métodos de participación pública activa e real na xestión, tanto através da participación orgánica suficiente e diversa nos órganos de administración, como na participación do público en xeral nas decisións que teñan efectos significativos de carácter económico, social ou ambiental.
  • Unha regulación e fiscalización eficaz, por medio dun órgano de regulación autónomo, con procedementos transparentes de funcionamento e sometido a escrutinio público, que comprobe a calidade do servizo, a xustiza dos prezos, a xestión orzamentaria, a renovación das infraestruturas, e a o investimento en I+D+i.
  • Debendo respostar os xestores pola súa actuación e polos resultados da súa xestión.
  • Actuando internamente cun novo modelo de relacións laborais como instrumentos para un servizo eficiente con equidade e garantía da defensa do interese cidadán por riba doutros intereses corporativos e particulares.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA