Adega
INICIO Últimas novas A Xunta deixa especies en perigo de extinción fóra da ampliación da Rede Natura
A Xunta deixa especies en perigo de extinción fóra da ampliación da Rede Natura PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta deixa especies en perigo de extinción fóra da ampliación da Rede Natura a FaceBookEnvia A Xunta deixa especies en perigo de extinción fóra da ampliación da Rede Natura a Twitter
Escribenta26 de marzo de 2012. 5 anos despois de ter aprobado o CGEA (Catálogo Galego de Especies Ameazadas) a práctica totalidade da nosa flora e fauna máis fráxil segue sen protección efectiva. Os primeiros 3 planos de recuperación/conservación destas especies (das 200 ameazadas) acaban de ser presentados pola Xunta, logo de que en 2007 licitaranse e eleboraranse varias ducias. Por iso non deixa de resultar patético que agora que a administración pretende aprobar medidas para recuperar unha especie en perigo de extinción, a escribenta das canaveiras, grande parte do hábitat onde aniña o 3% da poboación mundial desta especie (as brañas de Dodro), quede fóra da ampliación da Rede Natura 2000 do PP. Terá algo que ver o megaproxecto de paseo fluvial, praia e urbanización da contorna presentado por Costas en 2010?

As agresións perpetradas pola Xunta contra as especies ameazadas e en perigo de extinción non rematan eiquí. Tamén a respeito da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica), a administración autorizou rozas sistemáticas dos carrizais e matogueiras na contorna da lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, outro dos hábitats nos que aniña esta especie en perigo de extinción. Deste xeito, e á marxe das chafalladas e despropósitos perpetrados pola Xunta neste espazo, denunciadas por ADEGA perante a Fiscalía, o organismo Ramsar e a Comisión Europea e obxecto de investigación por parte do Xulgado de Ferrol, a Xunta cometeu un delicto ecolóxico ao permitir estas rozas que alteraron gravemente o hábitat dunha especie protexida (art. 10.1.b do CGEA).

A Xunta evitou tamén respostar a denuncia de ADEGA sobre a aplicación ilegal de "instrucións técnicas" para o manexo de determinados hábitats e especies protexidas. Estes protocolos que están a ser aplicados por parte dos servizos de conservación da Coruña, autorizan actividades que comprometen a conservación de valiosos elementos da nosa biodiversidade e non foron publicados en ningún boletín oficial, carecendo portanto de validez legal.

Esta é a realidade da política de conservación da Xunta: Especies ameazadas e en perigo de extinción ao chou; permisividade e despropósitos continuos con actuacións que mesmo conculcan a legalidade; opacidade na xestión e como colofón, ridículo ao presentar un plano de recuperación que evidencia a miserábel ampliación da RN 2000 que propón o PP.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA