Dentro dos actos do Día Mundial do Medio Ambiente 2010, este mércores 2 de xuño ADEGA levará a cabo novas actividades de voluntariado ambiental dentro do PROXECTO CORNA. Avaliaremos o estado de conservación desta área dunar e continuaremos coas medidas de protección da píllara papuda (Charadrius alexandrinus). Grazas a elas, dende aniñaron cando menos 5 parellas nesta praia, 3 con pitos. Traballaremos tamén no control das especies exóticas invasoras que ameazan a biodiversidade deste contorno, en especial a Coniza e a Arctotheca, logo de que o Carpobrotus ficara xa erradicado.
|
Ler máis...
|
|
Os días 29 e 30 de maio ADEGA e RedMontañas convocan a 5ª edición de “MONTAÑAS EN REDE”, unha iniciativa reivindicativa dirixida a todas as persoas preocupadas polo futuro das montañas. O 2009 houbo 179 ascensións en toda a península, 20 delas na Galiza para reivindicar a protección das montañas. O lema deste ano é AS MONTAÑAS SI IMPORTAN !! Participar é moi doado: 1. Descarrega a túa FAIXA MONTAÑAS 2010 (1 Mb) ; 2. Sobe á montaña/cumio/outeiro que prefiras e con quen prefiras (tamén podes ir ti só/a, pero ten moito coidado!!); 3. Facede unha foto no curuto coa vosa faixa; 4. Cando volvas a casa, sobe a túa foto á Galería Montañas en Rede 2010. Este ano hai tamén un CONCURSO FOTOGRÁFICO. Baixa as BASES (61 Kb) e participa!
|
Ler máis...
|
27 de maio de 2010. Sorprende que SOGAMA, unha industria creada para evitar a contaminación dos residuos urbanos, sexa unha das máis poluintes de Galiza: Cada ano emite á atmosfera 327.000 Tm de CO 2 (equivalente as emisións de 136.000 vehículos); 154 Tm de NOx; 309 Tm de partículas e 14,6 kg de mercurio. Destacan tamén as verteduras de auga industrial, 548.318 m 3, equivalente ao consumo dunha poboación de 10.000 habitantes, e de metais pesados, en especial arsénico (13,7 kg), cadmio (5,48 kg) e mercurio (3 kg), aparte dos fenois (27,3 kg) de efectos canceríxenos e teratóxenos. Alén de "tratar" residuos urbanos, SOGAMA tamén produce residuos perigosos, 31.500 Tm en 2008, fundamentalmente cinzas. Estes datos están tirados do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR). Con semellante curriculum, como pretende a Xunta seguir apostando polo modelo SOGAMA no seu PXRSUG 2010-2020, e moito menos amplialo, para "tratar" a maioría dos residuos urbanos?
|
Ler máis...
|
22 de maio de 2010. Centro Social Caixanova. Praza de Cervantes, Compostela. Esta xornada pretende ser un espazo onde concellos, empresas, explotacións agrogandeiras, grupos de investigación e outras entidades e particulares presenten diferentes experiencias de compostaxe na pequena escala. Organizaranse en tres mesas: Compostaxe caseira, compostaxe comunitaria/pequenas plantas e compostaxe nas explotacións agrogandeiras.
|
Ler máis...
|
Este 12 de maio ás 13:00h na casa do concello de Bueu presentarase o programa de compostaxe comunitaria e doméstica de ADEGA na Mancomunidade do Morrazo. Este proxecto piloto centrarase en tres zonas por concello, en Bueu, Cangas e Moaña. O programa de compostaxe caseira consiste no reparto de 20 composteiros, un por vivenda en cada zona; dunha guía de compostaxe e no asesoramento continuado por parte de educadores/as ambientais de ADEGA. A segunda actuación será implantar a compostaxe comunitaria tamén en tres zonas da mancomunidade. En cada unha, instalarase un composteiro de 1000L nunha área común da urbanización ou barrio para que a veciñanza deposite nel os residuos orgánicos do fogar. Un operario do concello encargarase de misturar estes residuos con restos de podas trituradas para conseguir un compost de calidade que será repartido entre os veciños/as participantes.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 Seguinte > Final >>
|
Páxina 11 de 14 |