Segunda quenda do Campamento de Voluntariado Ambiental do río Tea |
Neste ano 2010, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade, continuaremos celebrando durante catro fins de semana de 2010 un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción encamiñada a eliminar flora exótica e invasora. Para a realización desta actividade o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, material de inspección, guías de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. Durante os catro turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). Para o desprazamento do voluntariado empregarase un autobús, posto pola coordenación do proxecto.
Esta fin de semana (23, 24 e 25 de abril) realizaremos a segunda quenda do IV Campo de Voluntariado Ambiental. O Campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas en cada turno. Se estás interesada/o en participar, xunta a preinscrición e envíaa a coordinación do Proxecto Ríos. A PROGRAMACIÓN da segunda quenda do campamento será:
Proxecto Ríos Travesa de Basquiños, 9 Baixo, 15704 Santiago de Compostela Teléfono fixo/Fax: 981.57.00.99 / Teléfono móbil: 650 261 283 |