Adega
INICIO Produtos quimicos
Produtos químicos
toxicos1.gif O fogar "moderno" emprega hoxe en día multitude de produtos específicos para a limpeza caracterizados, na súa meirande parte, pola súa alta toxicidade e pola grande cantidade de residuos que xeran a súa fabricación e embalaxe. En cada fogar hai un verdadeiro arsenal químico.

Ademáis da súa toxicidade, existe unha corrente de opinión científica que afirma que a limpeza "aséptica" tipo quirófano que se está a realizar ten máis prexuícios que beneficios para o ser humano. Esta corrente vincula o crecente número de alerxias e enfermidades respiratorias desenvolvidas na sociedade actual, entre outros factores, á falta de contacto cotián dende a infancia coas substancias propias da natureza, o que impide ao sistema inmunolóxico recoñecer estas como substancias "non daniñas" e, por tanto, provoca a súa reacción inmunolóxica. Non estamos a falar de vivir "na suciedade" pero si dunha racionalidade no grao de limpeza necesario.

Temos que ter moi presente que todos estes produtos químicos adoitan rematar nos sumideiros das casas. As estacións depuradoras urbanas (no caso de existiren) a miúdo non poden tratalos polo que rematan entrando directamente no ciclo da auga.

quepodes.gif

Reduce o consumo de produtos de limpeza. Sempre debemos empregar moito menos da dose recomendada.

Procurarque os produtos sexan biodegradables, sen fosfatos e, no caso das lavadoras, con tensioactivos de orixe vexetal. Lee atentamente as etiquetas e desbota aqueles que teñan compoñentes tóxicos, irritantes e/ou inflamables.

A regra de ouro é empregar alternativas naturais. Pódense substituír practicamente todos os produtos industriais de limpeza para o fogar con limón, vinagre branco, bicarbonato, aceites esenciais e borax.

toxicos.gif

- Organoclorados en quitamanchas e disolventes

- Mercurio en pilas e certos colorantes

- Acetaldehído en desinfectantes, suavizantes e lixivias

- Amoniaco e formol en limpadores de fornos e ambientadores

- Sosa caustica en desatascadores

- Xileno en pinturas e barnices

 

 


ADEGA