Non deixes o televisor, video, equipo de música, etc. en posición de espera.
Lavadoras e secadoras
Se tes que mercar unha lavadora, mira a súa etiqueta de eficacia enerxética categoría A é a de menor consumo.
Enche sempre a lavadora antes de poñela a funcionar e lava en frío (lavar en quente aumenta nun 70 % o consumo eléctrico da lavadora)
Non utilices secadora. Seca a roupa ao aire. Se a empregas que sexa chea.
Podes reducir o consumo nun 3%
Frigorífico
É o responsábel do 10 % do consumo enerxético do fogar. Mantelo en boas condicións de uso permite un aforro importante de electricidade.
Mercao de categoría enerxética A
Desconxélao unha vez ao ano
Mantén o condensador limpo (a rede de tuberías na parte traseira)
Abreo cando sexa necesario e o mínimo tempo posíbel. Non introduzas cousas quentes.
Revisa o estado das gomas da porta para evitar perdas de frío.
Entre 3 e 5 ºC é frío dabondo. Cada grao centígrado de frío supón un 5% máis de consumo
Aire acondicionado
Sendo un gran consumidor de enerxía, a súa necesidade é cuestionábel, incluso dende o punto de vista da saúde.
Primeiro avalía as posibilidades de refrixeración natural da casa: aílla portas e fiestras, emprega cortinas, persianas ou toldos. Non abras as ventanas nos momentos de máximo calor, pero sía cando baixa a temperatura para renovar o aire
Proba a refrescarte cun abano ou cun ventilador normal.
Si finalmente escolles o aire acondicionado sitúa o aparato lonxe de fontes de calor ou de fiestras polas que entre o sol.
Manten o aparello aceso o mínimo necesario.
|
Lavar en quente aumenta nun 70% o consumo eléctrico da lavadora.
Cada grao centígrado de frío a maiores nun frigorífico supón un 5% máis de consumo.
Os pequenos electrodomésticos son os responsábeis do 10% do consumo no fogar.
Os electrodomésticos son residuos voluminosos de moi dificil tratamento.
|