5 de setembro de 2013. Charcas con vida convoca outra xornada de voluntariado ambiental que se celebrará este o sábado 21 e domingo 22 de setembro. O lugar escollido desta vez son dúas localidades da provincia de Ourense: Xunqueira de Espadanedo e Montederramo. Durante estes dous días construiremos unha charca e traballaremos na recuperación doutras. Xa está aberto o prazo de inscricións.
|
Ler máis...
|
|
Os días 2, 3, 4 e 5 de xullo ADEGA organiza un curso de verán sobre o deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local en colaboración coa universidade da Coruña (UDC). O medio ambiente e sobre todo a xestión de espazos naturais e a súa conservación ten implicacións en diferentes eidos, como a investigación, a comunicación, a bioconstrución, a creación de emprego verde…O curso está dirixido a todo o público interesado na problemática ambiental con aplicación ao nível local, en particular aos membros das ONGs e aos profesionais e cargos públicos da administración local, así como ao alunado da UDC e en particular ao de ciencias, ciencias da comunicación, ciencias da saúde, economía e empresa, socioloxía, turismo, dereito. PROGRAMA; INSCRICIÓN
|
Ler máis...
|
18 xullo de 2013. A Fundación Biodiversidad vén de seleccionar por segundo ano consecutivo a proposta de actuación de ADEGA no marco da iniciativa "Playas, voluntariado y custodia del territorio". Ademais de seguir divulgando a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares, estas accións teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral e facilitar ferramentas de conservación á cidadanía. Outros dos obxectivos é acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares. As actividades do proxecto Conservando as nosas dunas para este ano, consistirán en dúas xornadas de voluntariado ambiental para a eliminación de flora exótica invasora que se realizarán os días 18 de xullo (lagoas de Xuño e Muro, Porto do Son) e 10 de outubro (praia da Corna, Pobra do Caramiñal). Xa está aberto o prazo de inscrición.
|
Ler máis...
|
Limpeza simultánea de praias. Día Mundial dos Océanos. Malia ter unha fin de semana máis propia de outubro que de xuño, centos de persoas puxeron os impermeables e achegáronse á costa para limpar os areais de Galiza. Nin a chuvia nin o frío freou a máis de 500 persoas que quixeron facer unha chamada de atención sobre o plástico nos mares. Dende a mañá ata a tardiña as limpezas fóronse desenvolvendo por todo o litoral galego. Houbo centros de ensino, escolas de surf, ONG ecoloxistas, asociacións culturais, asociacións de mulleres rurais e até mergulladores. Todas e todos tiñan o mesmo fin: limpar a praia e crear conciencia. Álbum de PICASA coas fotos da xornada.
|
Ler máis...
|
Un ano máis ADEGA organiza a II Limpeza simultánea de praias con motivo do Día Mundial dos Océanos, este 8 de xuño, sábado. Dando continuidade á limpeza simultánea de 2012 que contou coa participación de máis de 700 persoas, ADEGA convoca de novo a todas as entidades interesadas a unirse neste evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. O 8 de xuño diferentes grupos de toda Galiza, centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con ADEGA.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 14 |