Adega
INICIO Novas de EA
Novas de Educación Ambiental
Participa con ADEGA e o Proxecto Ríos no calendario fenolóxico 2010 PDF Imprimir Correo-e
Envia Participa con ADEGA e o Proxecto Ríos no calendario fenolóxico 2010 a FaceBookEnvia Participa con ADEGA e o Proxecto Ríos no calendario fenolóxico 2010 a Twitter
fenoloxia10.jpgPrimavera de 2010. Ao igual que en 2008 e 2009, ADEGA e o Proxecto Ríos convídanvos a participar no informe sobre a fenoloxía aplicada aos cursos fluviais. Parte do principio de que os ciclos dos seres vivos son valiosos indicadores do clima, servindo para valorar a repercusión que a mudanza climática está a ter sobre as especies. Mediante saídas á natureza e cubrindo unha sinxela ficha pretendemos elaborar un mapa sobre a situación anual das árbores de ribeira. Esta actividade, concentrada no periodo do 5 ao 11 de abril, mostraranos unha “instantánea” da situación das especies seleccionadas ao longo do país, analisando o estado de floración no se atopan diferentes árbores e plantas. Baixa a Ficha fenoloxica 09.pdf Ficha Fenolóxica 2010 (248 KB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA participa no IV Encontro Estatal de "Hogares Verdes" PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participa no IV Encontro Estatal de "Hogares Verdes" a FaceBookEnvia ADEGA participa no IV Encontro Estatal de "Hogares Verdes" a Twitter
1405061.jpgAs xornadas terán lugar en Valsaín, no Centro Nacional de Educación Ambiental, CENEAM, os días 24, 25 e 26 de marzo. Neste xa cuarto encontro de "Hogares Verdes"-Fogares Verdes, xuntarémonos todas as entidades e persoas que en diferentes territorios do estado estamos a desenvolver este programa. Somos xa máis de quince grupos os que traballamos polo uso eficiente dos recursos naturais e pola acción reflexiva ante algún dos reptos da sociedade actual: o cambio climático, os residuos ou o consumismo.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Campaña de medición do radón nos fogares galegos PDF Imprimir Correo-e
Envia Campaña de medición do radón nos fogares galegos a FaceBookEnvia Campaña de medición do radón nos fogares galegos a Twitter
INFORMACIÓN PARA PEDIR E INSTALAR UN DETECTOR QUE MIDA O GAS RADÓN DA TÚA VIVENDA
Dado o éxito que está a ter a campaña de reparto de detectores de gas radón en Galiza impulsada pola USC, na que colabora ADEGA, a continuación sinalamos algunha información que pode resultarvos útil se estades interesados/as en adquirir gratuitamente un medidor. Tede en conta que as localizacións as decide a USC, coordenadora do proxecto, e que xa hai cuadrículas con detectores instalados, polo que é posíbel que a vosa zona esté cuberta.
1. Os medidores de gas radon só se ceden gratuitamente para vivendas situadas en baixos, entrecháns ou primeiros andares. E ademais teñen que ser vivendas nas que se pernocte diariamente.
2. O medidor deberá permanecer colocado durante 6 meses nunha mesiña de noite dun mesmo dormitorio. Non se pode mudar de lugar. 
3. Ao cabo dos seis meses, o participante deberá enviar por sobre prefranqueado (de balde) o detector ao laboratorio de Radón, xunto coa Ficha RADON.PDF Ficha RADÓN (0,3 MB) correctamente cuberta (vai apegada).
4. O/A participante deberá comprometerse a seguir estritamente as Instrucions DETECTOR.PDF Instrucións  do DETECTOR (47 KB) para a  correcta colocoación e uso do aparello, e cumprir co axeitado tempo de exposición.
5. Por último, para poder participar na campaña é preferible solicitar o medidor de gas radón antes da segunda semana de abril. Poderase facer a través dos seguintes emails:
-Para Lugo e provincia de Lugo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (coordinadora do estudo en Lugo). Tamén se pode retirar gratuitamente nas dependencias da delegación de ADEGA-Lugo, sita en Av. Fontiñas 180 Ent. (Lugo). Tamén podedes chamar ao 606978354 ou 982240299.
-Para as provincias de A Coruña, Pontevedra e Ourense: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (coordinador do estudo en Galiza). Tamén se pode chamar ao 981950095 ou 981955094.
En todos os casos, prégase indicar no mail: os seguintes datos: nome, localización da vivenda (piso, rúa, lugar, poboación, parroquia, vila, cidade...) e o motivo polo cal solicita o medidor.
ADEGA e a USC agradecemos a vosa colaboración.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
21 de marzo: ADEGA faiche outras propostas para celebrar o Día da Árbore (amais de plantalas) PDF Imprimir Correo-e
Envia 21 de marzo: ADEGA faiche outras propostas para celebrar o Día da Árbore (amais de plantalas) a FaceBookEnvia 21 de marzo: ADEGA faiche outras propostas para celebrar o Día da Árbore (amais de plantalas) a Twitter
custodia.jpgO Día Forestal Mundial ou DÍA DA ÁRBORE celébrase cada 21 de marzo coa intención de impulsar a protección e coidado dos nosos bosques. Nesta data, é xa tradicional realizar plantacións, como a que ADEGA-Alto Ulla organiza en Ramil (Agolada) ou ADEGA-Trasancos no Piñeiral de Cabanas. Porén, e aínda que a todos/as gostarianos contribuir plantando unha árbore, moitas veces non podemos por cuestión de tempo ou de espazo. Por iso, dende ADEGA propoñémosche 10 ideas para poñeres en prática e que redundan en beneficios para os bosques sen ter que sair ao monte a plantar un carballo ou un castiñero (que tamén).
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA intégrase na rede de entidades locais pola compostaxe doméstica, "Composta en Red" PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA intégrase na rede de entidades locais pola compostaxe doméstica, "Composta en Red" a FaceBookEnvia ADEGA intégrase na rede de entidades locais pola compostaxe doméstica, "Composta en Red" a Twitter
compostarede.jpgEste 5 de marzo tivo lugar en Rivas-Vaciamadrid a asemblea da "Red de Entidades Locales por el Compostaje Doméstico y Comunitario", COMPOSTA EN RED. Trátase dunha coordenadora de entidades locais de todo o estado que desenvolven experiencias de compostaxe doméstica e comunitaria. Xurde para dar pulo e fomentar a compostaxe doméstica e comunitaria, dado o seu importante papel na redución dos residuos orgánicos. Nos últimos anos proliferaron numerosas experiencias locais que están a  contribuir á redución en orixe dos residuos orgánicos e xerar un compost de calidade que a cidadanía aproveita directamente.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 Seguinte > Final >>

Páxina 13 de 14


ADEGA