|
REDUCIR.
- Non merques por mercar. "Ir de tendas" non é unha actividade lúdica, ten un fin concreto que debes levar en mente de antemán. Merca o que precises realmente.
- Usa cousas que se poidan arranxar, nunca de usar e tirar.
- Se mercas algun producto electrónico ou mecánico ten en conta que teña servizo técnico e pezas de reposto. Vale a pena pagar un pouco máis por un producto que precises se é de calidade e garante unha maior durabilidade. Procura coidar as cousas para que duren e arranxalas ate onde sexa posíbel.
- Evita o exceso de embalaxe e de envoltorios e reduce o volume e o peso dos envases. Pensa na súa posíbel reciclaxe (sempre mellor papel que plástico).
- Merca a granel se é posíbel e leva os teus propios recipientes da casa. Usa bolsas de tea ou carriños da compra no canto de bolsas de plástico e rexeita decididamente as bandexas de poliestireno.
- Merca producto local: reduciras o gasto enerxético do transporte e promoverás a economía do teu entorno.
- Presiona como consumidor para reducir as embalaxes supérfluas.
REUTILIZAR
- Reutilizando bolsas, botellas, etc... Todo o que sexa posible debe ir en envases retornables que os comercios deben recoller para ser de novo utilizados polos fabricantes (refrescos, auga, vino, etc...).
- Non tires a roupa que non che gusta usar: pode servir a outros/as. Intercambia ou regala a roupa.
- Se a roupa xa non serve, podes facer panos con ela.
- Emprega a túa imaxinación. Cun palé de madeira e catro rodas de carriño de supermercado podes facer unha boa mesa de salón, ¿O sofá esta vello? retapízao.
- Fuxe das pilas: algunhas conteñen metais altamente perigosos (como o mercurio). Se has de usalas, elixe as recargables (Nunca tires ó lixo as pilas botón nin as alcalinas; se non tes outra solución á man, lévaas o comercio onde as mercas para a súa reciclaxe).
RECICLAR
Agora mesmo, dende as Administracións estase a vender a reciclaxe (entendendo incluso a incineración do lixo como un proceso de "recuperación" e "valorización enerxética") como a solución do problema. Os casas comerciais cobren os seus productos de etiquetas de 100% reciclado ou simbolos "verdes". Obviamente é preferíbel un producto reciclado e reciclábel que un que non o é, pero como última alternativa ás dúas Rs anteriores. Debemos ter en conta que a reciclaxe non é a panacea: debe ser o paso final dun proceso previo de reducción e reutilización. A materia reciclada sufre un proceso de degradación cos sucesivos reciclados, non é eterna e ten custos enerxéticos e ambientais.
Case todo o lixo é reciclable. Coa materia orgánica faise compóst, un adobo orgánico de alta calidade. Co papel faise novo papel, e o mesmo co vidro e os metais. Usa os contentores da túa localidade ou esixe que os instalen. Separa axeitadamente o lixo na casa.
|
Cada persoa adoita xerar arredor de 1 kg diario de lixo no fogar.
Dentro destes resíduos, denominados urbanos, hai que engadir os lodos provenientes da depuración de augas residuais e os residuos da construcción, co que a suma por persóa/día elévase a 3 kg.
Os procesos industriais xeran actualmente 0,5 kg de resíduos tóxicos e perigosos por habitante e día, que sumados aos residuos inertes producidos (incluidos os mineiros) superan a cifra de 60 kg persoa/día.
Sumando os resíduos agrogandeiros e as emisións contaminantes a producción de lixo por persoa día estamos perto dos 200 kg persoa día
Unha soa pila botón pode contaminar 600.000 litros de auga, máis da que bebe unha familia de catro persoas en toda a súa vida!
|