Adega
INICIO Documentación
Documentación
Nesta sección incorporamos artigos de interese sobre a Educación Ambiental en calquera das súas vertentes. Se queres incluír algún artigo ponte en contacto connosco


A Estratexia Galega de Educación Ambiental... en ponto morto PDF Imprimir Correo-e
Envia A Estratexia Galega de Educación Ambiental... en ponto morto a FaceBookEnvia A Estratexia Galega de Educación Ambiental... en ponto morto a Twitter

O que puido ter sido un punto de inflexión na educación ambiental no noso pais, quedouse só nunha caricatura. O 9 de novembro de 1999 aprobouse no Consello Galego de Medio Ambiente a Estratexia Galega de Educación Ambiental (EGEA), sen nengún voto en contra pero coa abstención de Adega. Esta abstención foi explicada con precisión e resultou premonitoria: criticábase a diverxencia entre un documento teórico e a política ambiental da Xunta, e dubidábase da intención desta de levar á práctica os seus contidos e recomendacións. Catro anos despois, estas dúbidas parecen plenamente confirmadas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Educar para a paz en tempos de crise ecolóxica global PDF Imprimir Correo-e
Envia Educar para a paz en tempos de crise ecolóxica global a FaceBookEnvia Educar para a paz en tempos de crise ecolóxica global a Twitter

Comunicación presentada no Congreso Mundial de Educación e Cultura de Paz, Santiago de Compostela, 23-25 de Maio de 2005

Mediada a primeira década do século XXI, cunha Educación para a Paz que conta xa, no caso galego, con vinte anos de vida, e á marxe do que poda suceder no plano teórico, coido que se pode afirmar que, na prática, temos unha Educación para a Paz en exceso antropocéntrica e que ignora o maior conflito hoxe en marcha no planeta: o enfrontamento da humanidade co resto da biosfera.

Hai xa máis dun lustro que o Manifesto 2000 (Por unha Cultura de Paz e de Nonviolencia) viu a luz. No seu quinto ponto aludíase ao desenvolvimento sustentábel. Xa antes, en Galiza, por exemplo, o Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP) dedicou unha das súas Xornadas ao Ecopacifismo e publicou unha Unidade Didáctica e un Léxico sobre este tema. Se ben de seguro poderemos atopar máis casos de presenza do ecoloxismo/ecopacifismo na Educación para a Paz (EP), semella que en realidade os contidos relacionados con esta materia teñen o caráter de anecdóticos, o cal non deixa de ser chamativo, se temos en conta o relevo dos problemas ambientais e as súas consecuencias.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Problemas ambientais globais e educación ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia Problemas ambientais globais e educación ambiental a FaceBookEnvia Problemas ambientais globais e educación ambiental a Twitter

Ponencia presentada no IV Encuentro Internacional. Formación de Dinamizadores en Educación Ambiental: Investigación, Educación Ambiental y Escuela. Ministerio de Educación de Colombia, Medellín, do 23 ó 28 de abril de 2001.

*Profesor do Departamento de Teoría e Historia da Educación. Facultade de Ciencias da Educación. USC .

Descargar o artigo completo: problemas_EA_meira.pdf problemas_EA_meira.pdf (227.76 KB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 




ADEGA