18 de abril de 2013. Representantes da Comisión Promotora da ILP "PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA" vimos de reuirnos co grupo parlamentar do PP para lle demandar un posicionamento a favor da toma en consideración desta iniciativa. Pedro Puy, voceiro parlamentar do PP, comprometeuse cando menos a non demorar a inclusión na orde do día do Pleno, e a que a ILP da reciclaxe sexa debatida denantes do verán. Trátase dunha boa nova, que garante que a iniciativa dos máis de 21.000 galegos e galegas que apoiaron esta ILP non vai ficar esquecida nun caixón, mais non implica que o grupo maioritario a vaia apoiar.
|
Ler máis...
|
O pasado sábado 13 de abril, ADEGA organizou a primeira xornada de voluntariado ambiental dentro da iniciativa Charcas con Vida, un novo proxecto que ten como obxectivo concienciar á cidadanía da importancia das charcas nos ecosistemas galegos, alertalos ante a desaparición das mesmas e animar a grandes e pequenos a achegarse a estes interesantes hábitats. Como actividades de voluntariado ambiental ADEGA organiza xornadas para a construción de charcas, a primeira creouse na Eira da Xoana o pasado sábado. ALBUM DE FOTOS DA XORNADA.
|
Ler máis...
|
11 de abril de 2013. Diante da recente aprobación por parte do Parlamento de Galiza dunha proposición non de lei do PP, transacionada con AGE, para o impulsar o aproveitamento da biomasa forestal con fins enerxéticas e "reducir a dependencia enerxética do noso país", ADEGA quere manifestar o seu rexeitamento ao espírito e obxectivos da mencionada iniciativa. Baixo o "inocente" paraugas do autoconsumo doméstico e da promoción das caldeiras de leña e "pellets", agóchase a intención do oligopolio pasteiro-enerxético de recolonizar o país con eucaliptos e outras especies de crecemento rápido, da man dun decreto de cultivos enerxéticos que está a preparar o PP. Plantar milleiros de hectáreas de masas monoespecíficas de eucaliptos transxénicos, paulownias e outras invasoras en cortas de 4-5 anos, para queimar, voltar a plantar, queimar...
|
Ler máis...
|
8 de abril de 2013. O novo proxecto de ADEGA CHARCAS CON VIDA convoca a primeira xornada de voluntariado ambiental que se celebrará este sábado 13 de abril. O lugar escollido para a construción da charca didáctica será a Eira da Xoana (Ramil, Agolada), onde ADEGA posúe un equipamento de educación ambiental que ten como un dos seus obxectivos achegar a cidadanía galega ao medio rural. Durante a xornada construiremos unha charca didáctica e traballaremos sobre o seu manexo e propiedades para que fique como un recurso máis da oferta educativa da Eira da Xoana.
|
Ler máis...
|
|
17 de abril de 2013. A Xunta vén de apresentar o definitivo Plano Director de Acuicultura (PDA), o instrumento legal que permitirá á patronal acuícola asaltar a Rede Natura, comezando por Touriñán. Ducias e ducias de páxinas de infografías e retórica, ao estilo dos libros brancos fraguianos, para xustificar que toda a nosa costa é susceptíbel de acoler piscifatorías. Sen zonas de exclusión, sen medidas para reducir impactos sobre o territorio e os recursos naturais máis aló da cosmética, sen informe de viabilidade económica nen orzamento... A Xunta teima en apoiar o "sistema PESCANOVA", un modelo fracasado baseado na especulación, o produtivismo e a desregulación ambiental, cunha ínfima criazón de emprego. Semella que nin Feijóo nin Fernández de Sousa aprenderon nada da nefasta experiencia de Pescanova en Mira...
|
Ler máis...
|
Este domingo 14 de abril ás 12 h. convocada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, da que fai parte ADEGA, centos de persoas démonos cita nunha multitudinaria manifestación en Carballo contra a autorización por parte da Xunta de Galiza da mina de Corcoesto, como pretende a empresa transnacional canadiana Edgewater. Manuel Rivas pechou acto dando lectura ao manifesto da Plataforma. Corcoesto é o inicio dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta aurífera Malpica-Tui, e ducias doutros proxectos mineiros por todo o país. Con este acto en Carballo e coas mobilizacións que seguirán queremos dicirlle á Xunta que Bergantiños, que Galiza, non quere esta nin esta nin calquera outra mina destrutiva no noso territorio.
|
Ler máis...
|
A Coruña, 10 de abril de 2013. O alcalde da Coruña vén de confirmar a realización da obra de ampliación de Alfonso Molina que suporá un novo carril en cada dirección entre os tramos de Ponte da Pedra e Palavea. A necesidade desta ampliación basease nun tráfico rodado duns 145.000 turismos diarios por dita vía. A pesar de que moitos políticos seguen empeñados en crer que simplemente mellorando as infraestructuras para o vehículo privado solucionan o problema do tráfico, a realidade pode ser distinta se non se planifica podendo pola contra e como sinalan como numerosos estudos, provocar un maior uso deste medio aumentando as retencións e problemas circulatorios e consecuentemente as emisións de CO2.
|
Ler máis...
|
10 de abril de 2013. Tras a análise da declaración de impacto ambiental (DIA) deste proxecto, publicada no BOE este pasado sábado 6 de abril, e apesar das modificacións cosméticas esixidas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, ADEGA ve neste documento a sentencia de morte tanto da enseada da Malata como do humidal de Cariño. Admítese a modificación do fluxo de auga mariña na enseada da Malata pero réstaselle importancia. Só este feito é motivo máis que de sobra para non escoller a alternativa sur do trazado, dado que unha redución do fluxo de auga (actualmente moi inferior ao orixinal debido ao peirao carboeiro) suporá o progresivo esmorecemento da enseada da Malata, ao que hai que engadir o rocambolesco túnel baixo o humidal de Cariño.
E que non había outro xeito de facer millor as cousas?
|
Ler máis...
|
|