![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Criamos unha nova charca na Eira da Xoana |
![]() |
![]() |
![]() |
O punto de encontro foi o centro do territorio: Agolada, onde se unen A Coruña, Lugo e Pontevedra. A xente chegou dende Caldas de Reis, O Morrazo, Vigo, Coruña, Compostela e Ourense, tampouco faltou a xente da zona, todos e todas se achegaron ata a Eira da Xoana. A Eira é un lugar de encontro que ten coma obxectivo concienciar e poñerr en práctica os principios ecoloxistas e socioculturais que se defenden dende ADEGA. A xornada estaba organizada para 25 persoas pero moita xente se achegou ao longo do día a botar unha man para a creación da nova charca.
Trala charla os voluntarios e voluntarias dividíronse en grupos e repartiuse a ferramenta: laias, sachos, palas, picos… Varios deles comezaron a facer un rego polo que iría unha tubería co aporte de auga para a charca, outro pequeno grupo se desprazou ata un lugar cercano para cargar unhas pedras cedidas por Anxo que axudarían a crear o noso pequeno humidal. O resto dedicouse a facer o burato onde se localizaría a charca, para esta labor fixeron falta moitas mans e moita ferramenta, quitamos capachos e capachos de terra que se depositaron facendo unha pequena parede.
Tralo merecido descanso retomamos os traballos da tarde. Contamos tamén coa inestimable axuda dun voluntario canteiro, grazas ao cal conseguimos colocar axeitadamente as lousas de pedra que trouxeran pola mañá. Con axuda dos pisóns feitos tamén artesanalmente pola mañá compactamos o fondo da charca e a morea de terra. Colocáronse diferentes pedras pequenas que servirán de refuxio para certos animais e tamén unhas tellas facendo un pequeno canal polo que caería a auga.
Dende ADEGA queremos agradecer a todas e a todos os que se achegaron ata a Eira o sábado aportando o seu gran de area na creación da charca no primeiro día de sol de 2013. Moitas grazas a tod@s!!!
|