![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
O sistema de Nostián necesita millorar, aumentando a concienciación e a participación veciñal |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ADEGA presentoulle ao concelleiro un recente estudo da situación e evolución dos resultados de Nostián. Os pobres resultados acadados na xestión da planta veñen reducindo ano tras ano a confianza da cidadanía, o que fai que esta abandone a participación na recollida selectiva. Máis dunha década de funcionamento e co paso de varias forzas políticas polas institucións responsábeis non acadaron resolver os problemas, polo que xa é hora de que a cidadanía tome cartas no asunto. As propostas de ADEGA pasan por incrementar a recuperación de materiais reciclábeis na planta (sobre todo papel e envases) e separar a compostaxe da materia orgánica recollida nos contedores verdes da que no contedor amarelo. Isto permitiría recuperar a confianza da xente, e faría posible obter resultados moi positivos das campañas de concienciación. Por tanto, a outra proposta é reforzar estas campañas. O concelleiro mostrouse receptivo ás propostas, mais non se comprometeu a incluílas no futuro plan de viabilidade, previsto para xaneiro de 2014, segundo indicou. Este plan debería incluír instrumentos económicos que garantan a obtención de resultados na xestión das empresas responsábeis. ADEGA xestiona reunirse con responsábeis do consorcio para abordar esta cuestión, e proponse iniciar unha campaña cidadá que esixa dos responsábeis municipais a adopción de medidas que permitan mellorar a situación. Na opinión de ADEGA, só unha mobilización social como a que tivo lugar tras o derrubamento do vertedoiro de Bens en 1996 permitiría avanzar na xestión do lixo na nosa comarca. |