Adega
INICIO Novas de EA Voluntariado ambiental para a construción dunha charca
Voluntariado ambiental para a construción dunha charca PDF Imprimir Correo-e
Envia Voluntariado ambiental para a construción dunha charca a FaceBookEnvia Voluntariado ambiental para a construción dunha charca a Twitter

cartazcharc.jpg8 de abril de 2013. O novo proxecto de ADEGA CHARCAS CON VIDA convoca a primeira xornada de voluntariado ambiental que se celebrará este sábado 13 de abril. O lugar escollido para a construción da charca didáctica será a Eira da Xoana (Ramil, Agolada), onde ADEGA posúe un equipamento de educación ambiental que ten como un dos seus obxectivos achegar a cidadanía galega ao medio rural. Durante a xornada construiremos unha charca didáctica e traballaremos sobre o seu manexo e propiedades para que fique como un recurso máis da oferta educativa da Eira da Xoana.

As charcas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade. Por iso a creación dun pequeno humidal favorece a biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou para desenvolver os seus ciclos vitais. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións. Dende o proxecto Charcas con Vida queremos achegar á cidadanía a estes lugares e dar ferramentas válidas para a súa conservación. Qué mellor maneira de facelo que construíndo unha charca e aprender facendo!!!

O voluntariado contará con seguro de accidentes, desprazamento dende Compostela, e xantar.

Se queres participar contacta co local nacional de ADEGA (981 57 00 99) e deixa os teus dados, no móbil 649 611 508, ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O proxecto Charcas con Vida conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de investigaçao em iiodiversidade e recursos genéticos, Portugal).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA