![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Plano Director de Acuicultura: A Xunta insiste nun modelo insustentábel e ruinoso para entregar a costa a empresas como PESCANOVA |
![]() |
![]() |
![]() |
A planificación acuícola deste PDA está escandalosamente sesgada cara a acuicultura industrial en terra, esquecendo que o groso do sector e dos postos de traballo corresponden á acuicultura a flote, o marisqueo e aos cultivos mariños. Atende únicamente ás necesidades da industria, principalmente da patronal do peixe plano, nucleada arredor de dúas grandes transnacionais (Stolt Sea Farm e Pescanova), e non ás características e valores do medio receptor.
Tendo en conta ademais que "a propiedade dos terreos corresponderá á iniciativa privada e que as actuacións levaranse a cabo por expropiación forzosa só no caso que sexa necesario” fica claro cal é o papel da Xunta: Eliminar molestos atrancos ambientais e sociais. Para iso fíxose o POL, o Plano Director da Rede Natura, declarouse a acuicultura "de interese público de primeira orde" e castrouse a lexislación de avaliación ambiental. ![]() -As medidas para reducir os efectos negativos sobre o territorio e as variables da sustentabilidade.
-O informe de viabilidade económica e orzamentos previstos.
Para a Xunta "O PDAL non prevé a localización nin desenvolvemento de ningún establecemento en concreto, senón que é o marco estratéxico no que se deberán valorar estes" polo que "non é necesario recoller un estudo económico financeiro ao uso" nin establecer as "medidas necesarias para minorar os seus efectos negativos... que deben centrarse e diferirse, necesariamente, á fase proxectual". Sen unha análise nin de impactos nin de custos, a Xunta propón unha desregulamentación de facto da acuicultura galega, consagrando a discrecionalidade e cedendo o protagonismo de desenvolver o sector e xestionar o litoral ás empresas.
Resulta ben triste que na guía sobre os criterios de sustentabilidade e integración paisaxística que acompaña a este PDAL, despois de encher ducias de páxinas cunha variada serie de recomendacións que afectan á sustentabilidade dos proxectos, a Xunta pretenda resolver o impacto paisaxístico destes monstros con curiosas propostas para "ambientalizar" macroinstalacións como a de Cabo Vilán: Disposición en socalcos dos tanques de engorde, muros vexetais e redes de camuflaxe para agochar o cemento, moita pintura verde e zonas axardinadas entre as piscinas... Para Feijóo, o que non se ve, non pode causar dano!
Con este PDA, Feijóo aposta por unha acuicultura modelo Chile, Guatemala ou Indonesia: Desfeita ambiental, contaminación e man de obra escasa e precaria, sometendo o litoral aos intereses das empresas. Mais este PDA seguirá a ser outro "libro branco" ou campaña de publicidade fallida da Xunta, mentres os fundos europeos de pesca sigan excluindo a macroacuicultura industrial: Nin Stolt, nin moito menos Pescanova tal e como está nestes intres, darán un paso sen ter garantido o 50% de subvencións públicas. |