Adega
INICIO Últimas novas Pistas de pádel: Servizo básico para a poboación rural segundo a Xunta
Pistas de pádel: Servizo básico para a poboación rural segundo a Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia Pistas de pádel: Servizo básico para a poboación rural segundo a Xunta a FaceBookEnvia Pistas de pádel: Servizo básico para a poboación rural segundo a Xunta a Twitter

deporterisco23 de outubro de 2012. O AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) vén de conceder as axudas a proxectos dinamizadores das áreas rurais galegas para este ano, cofinanciadas polo FEADER. De acordo co PDR (Plano de Desenvolvemento Rural) 2007-2013 figuran 4,5 millóns de € destinados a "servizos básicos para a economía e a poboación rural" (medida 321.10). Entre os proxectos subvencionados nesta liña atopamos, entre unha pedrea de obras de "acondicionamento" e parcheado de instalacións, un investimento de 423.104,8€ en pistas de paddle. Curioso concepto o que a Xunta ten do desenvolvemento rural en xeral e dos "servizos básicos" para a poboación en particular. Consulta a listaxe completa de proxectos subvencionados.

No seu momento, ADEGA xa denunciara a fraude das axudas europeas, supostamente adicadas ao desenvolvemento rural, que a Xunta pretendía perpetrar através dun PDR cuxa tramitación destilaba escurantismo, clientelismo e mesmo chegaba a propoñer a orivatización da redacción dos instrumentos de xestión dos espazos e paisaxes protexidas, poñéndoos nas mans de madeiristas e asociacións forestais privadas.

A intención da Xunta era converter o "desenvolvemento rural sostible" nun instrumento ao servizo da súa política clientelar, e dos concellos de utilizalo como "caixa B" para realizar as obras e servizos máis variopintos. Daquela abondaban entre os propostas do PDR rotondas, paseos marítimos, bairarrúas, coches de policía, piscinas climatizadas, cámpings, reposición do parquet de polideportivos, banda ancha para estacións de esquí... etc. que eran presentadas como proxectos "sustentábeis" para o medio rural.

Agora, a Xunta vén de conceder máis de 4,5 millóns de € de fondos públicos europeos, en teoría destinados a desenvolver os servizos básicos dos que carece o noso medio rural, a fomentar iniciativas económicas para evitar o abandono, fixar poboación e dar oportunidades aos seus habitantes (medida 321.10 do PDR 2007-2013), a unha serie de proxectos, maioritariamente "parcheo" de equipamentos, entre os que se inclúen 8 pistas de paddle noutros tantos concellos, por un importe de case medio millón de euros. Segundo dixera Juárez, o mundo rural está condenado a desaparacer, mais os seus habitantes farano en boa forma!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA