Adega
INICIO Últimas novas O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono cunha manchea de actividades
O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono cunha manchea de actividades PDF Imprimir Correo-e
Envia O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono cunha manchea de actividades a FaceBookEnvia O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono cunha manchea de actividades a Twitter

inspeccionCompostela, 20 de setembro de 2012. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de educación e voluntariado ambiental promovida por ADEGA. A finalidade é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Durante esta campaña de outono están programadas saídas formativas con distintas entidades (centros de ensino de primaria e secundaria, concellos, asociacións, grupos ecoloxistas...). Outras actividades programadas polo Proxecto Ríos para esta campaña de outono é o XVI Curso de formación de coordenadores/as (29 de setembro), a V Limpeza simultánea de ríos, así como un Roteirríos o 20 de outubro.

 Faremos o XVI Curso de Formación de Coordinadores/as na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con o sábado 29 de setembro. Estará adicado a coñecer a fauna piscícola dos nosos ríos. Como sempre, parte da xornada se centrará na recollida e identificación de macroinvertebrados.
Estamos a organizar outro ano máis a Limpeza Simultánea de Ríos, que xa vai pola súa quinta edición. Será o domingo 30 de setembro. Se estás interesado/a en participar podes contactar cos coordinadores/as de grupo dos diferentes ríos nos que se vai limpar a través da web: http://limpeza.proxectorios.org/ ou mandar un e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
Continuando co programa de roteiros do Proxecto Ríos: Roteirríos, este ano adicados a coñecer diversos programas de estudo e conservación da biodiversidade que habita nos nosos cursos fluviais, achegarémonos ao mundo dos quirópteros (morcegos). Estamos organizando para o sábado 20 de outubro en colaboración con Drosera unha xornada que levará o título: Participación social e conservación dos morcegos nos ecosistemas fluviais.
Pódese consultar o calendario completo en www.proxectorios.org

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA