Adega
INICIO Últimas novas V Limpeza simultánea dos ríos galegos: Pon as botas e móllate con nós!
V Limpeza simultánea dos ríos galegos: Pon as botas e móllate con nós! PDF Imprimir Correo-e
Envia V Limpeza simultánea dos ríos galegos: Pon as botas e móllate con nós! a FaceBookEnvia V Limpeza simultánea dos ríos galegos: Pon as botas e móllate con nós! a Twitter
limpeza.jpgDomingo 30 de setembro. Voltamos a mollarnos polos ríos, a poñermos as botas para deixar aos nosos cursos fluviais libres do lixo que segue a aparecer nas canles e ribeiras. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade (e ás administracións) da necesidade de que os nosos ríos estén ben conservados. Este ano será xa a V Limpeza Simultánea en Ríos que organiza o Proxecto Ríos e ADEGA en toda Galiza, e celebrarase este domingo 30 de setembro. Para participares, consulta a listaxe de ríos e colectivos participantes e contacta co cordenador/a de zona de limpeza máis próxima ao teu domicilio. Tamén podes descarregar o Protocolo de limpeza de ríos 2012.

Qué debemos ter en conta

  • A limpeza será unha xornada de voluntariado ambiental e concienciación socialalt
  • Levade calzado e roupa resistentes.
  • Empregade luvas e calzado (botas, zapatos de deporte…) para evitar feridas: entre o lixo pode haber botellas de vidro rotas, chatarra, etc.
  • Recollede o lixo en bolsas grandes e resistentes, de tea ou de plástico.
  • Dividide o treito en anacos para traballar por zonas, e se sodes un grupo numeroso facede grupos de 2 ou 3 persoas por treito.
  • En caso de atopar aceites de coche e outros residuos líquidos, fai falla ir con moito coidado e non facer misturas de produtos.
  • Tentade separar os diferentes tipos de lixo para posteriormente depositalos nos contedores correspondentes e así favorecer a súa reciclaxe.
  • Nunca poñades en risco a vosa saúde: é máis importante a vosa vida que a do material a retirar.
  • Facede fotos da limpeza e de todo o lixo recollido e divulgade a vosa acción nos medios de comunicación.
  • Limpade o material empregado (botas, roupa, sachos…), especialmente se o ides empregar de novo noutro río, xa que podedes estar dispersando sementes de flora exótica invasora ou, no caso de anfibios, transmitindo enfermidades
  • O concello facilitará un sistema de transporte para recoller o lixo que almacenaremos nalgún lugar accesible para eles.

LISTAXE DE LUGARES, GRUPOS E COORDENADORES/AS

cadro.jpg 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA