Adega
INICIO Últimas novas Semana Europea da Mobilidade: Movéndose na boa dirección? A Xunta non
Semana Europea da Mobilidade: Movéndose na boa dirección? A Xunta non PDF Imprimir Correo-e
Envia Semana Europea da Mobilidade: Movéndose na boa dirección? A Xunta non a FaceBookEnvia Semana Europea da Mobilidade: Movéndose na boa dirección? A Xunta non a Twitter

17 de setembro de 2012. Do 16 ao 22 de setembro celébrase a Semana Europea da Mobilidade. O obxectivo é animar ás autoridades locais a introducir e promocionar medidas de transporte sustentábel e convidar á cidadanía a buscar alternativas ao veículo privado. O lema deste año é "Participa nos planos de mobilidade da túa cidade: Móvete na boa dirección!” para destacar a utilidade do Plano de Mobilidade Urbana Sustentábel. En Galiza, este instrumento é prácticamente descoñecido e a cidadanía segue a ser vítima dunha irracional política de transportes (Plano MOVE) deseñada por e para o automóbil e a sufrir os efectos da contaminación dos coches. Mentres, a Xunta semella satisfeita coa propaganda sesgada sobre calidade do ar nas cidades, malia a infrinxir amplamente as recomendacións da OMS.

comparalimitOs Planos de Mobilidade Urbana Sustentábel (PMUS) definen un conxunto de medidas interrelacionadas para a satisfacer as necesidades de mobilidade da cidadanía e as empresas, e millorar a calidade de vida na cidade. Cómpre ter en conta que as emisións dos veículos son a principal causa da contaminación das cidades. A este respeito, as recomendacións da OMS (de 2005) situan os níveis adecuados para garantir a saúde pública varias veces por baixo do legalmente establecido (R.D. 102/2012). Deste xeito, o valor límite diario de dióxido de xofre (SO2) é 6 veces superior á recomendación da OMS; os valores límite anuais de partículas PM10 e PM2,5 duplican os recomendados pola OMS, e o valor obxectivo octohorario do ozono (O3) á un 20% superior ao da Guía da OMS.

DadosPM10Particularmente preocupante é o caso das partículas PM10 e PM 2,5 (inferiores a 10 e 2,5 micras respeitivamente). A normativa en vigor establece para as PM10 un valor límite anual de 40 ?g/m3 fronte aos 20 recomendados pola OMS, que ademais pódense superar 35 días ao ano cando a OMS recomenda que non se sobarde máis de 3. Para as PM2,5 o RD 102/2012 non fixa límite diario (a OMS recomenda 25 ?g/m3 con 3 superacións) e para o anual o legal é 25 mentres que a OMS recomenda 10.

Cómpre ter en conta que a fonte principal destes contaminantes (os fumes dos coches) veñen de ser considerados pola OMS "carcinóxeno certo". Malia a isto, a Xunta gábase de non superar os valores legais máis que excepcionalmente. A respeito destes contaminantes, a realidade amosa un masivo incumprimento das recomendacións da OMS malia á baixa industrialización e o cativo parque móbil galego en comparación con outras zonas do estado.

DadosPM2.5Cómpre ter en conta que valores tan altos de PM10 como os 118 ?g/m3 de Santiago, os 200 de Laza, 136 de Ourense..., ainda que non aparezcan reflectidos nas medias diarias, si neses momentos respiramos estas concentracións a nosa saúde resíntese e en especial afectan ás persoas con problemas respiratorios, anciáns, nenos... E para as partículas PM2,5, a metade das medias anuais e case todas as medias máximas diarias superan as recomendacións da OMS.

ADEGA quere transmitir á Xunta que non existen motivos para a tranquilidade e moito menos para a satisfacción con estas cifras. Unha cousa é cumprir a lexislación vixente (aínda que nalgúns casos esteamos perto dos máximos permitidos) e outra as recomendacións da OMS. Son estas as que as administracións deberían ter en conta  para garantir efectivamente a nosa saúde. Esiximos portanto, un maior compromiso da Xunta e os concellos coa mobilidade sustentábel, hoxe esquecida das políticas públicas. Cómpre inserir as necesidades de mobilidade no deseño habitacional e reducir fortemente a demanda do transporte, favorecer a intermodalidade, o transporte colectivo e o ferrocarril de proximidade, e deixarse de planos MOVE que só traen máis desbaldimento de cartos públicos, contaminación e enfermidades.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA