Adega
INICIO Últimas novas A Escopeta Nacional II: Licenzas de caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos
A Escopeta Nacional II: Licenzas de caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos PDF Imprimir Correo-e
Envia A Escopeta Nacional II: Licenzas de caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos a FaceBookEnvia A Escopeta Nacional II: Licenzas de caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos a Twitter
fuckyou8 de outubro de 2012. ADEGA quere denunciar os gravísimos feitos acontecidos no Servizo de Conservacion da Natureza da Coruña pola masiva concesión de licenzas de caza ilegais, actualmente investigadas pola Fiscalía. Estas licenzas déronse presuntamente ao marxe da lei xa que ao parecer os "beneficiarios" nen realizaron o preceitivo exame do cazador nen pagaron as correspondentes taxas oficiais, aínda que descoñecemos se tiveron que pagar algunha taxa "extraoficial". Alén das consecuencias que sobre a xestión da fauna salvaxe teñen estes feitos, resulta moi preocupante que con estas licenzas ilegais na man, determinados individuos poidan acudir á Garda Civil e facerse cun permiso de armas! ADEGA esixe o cese inmediato do xefe do Servizo de Conservación na Coruña Carlos Muñoz Martínez e do Director Xeral de Conservación García-Borregón: Ou non coñecían estes graves feitos acontecidos durante anos baixo o seu nariz, ou sabían destas prácticas corruptas e as promoveron ou toleraron.
 

Ao parecer estas prácticas non foron illadas ou ocasionais, senón que a concesión ilegal destas licenzas de caza levaría acontecendo no Servizo de Conservación da Natureza da Xunta en Coruña dende hai anos.

ADEGA vaise persoar no procedemento aberto pola Fiscalía para coñecer, entre outros estremos:

-Que persoas obtiveron fraudulentamente licenzas de caza e pesca no Servizo Provincial de Conservación, particularmente dende que D. Carlos G. Muñoz Martínez ostenta o cargo de Xefe de Servizo. ADEGA xa ten denunciado a responsabilidade deste funcionario e dos seus superiores na "xestión" da Lagoa da Frouxeira; nas instrucións ocultas para o "manexo" de hábitats e especies protexidas; no atentado ecolóxico pola "autopista" do Monte Louro; na aniquilación do lobo na Coruña...etc.

-Quenes son os políticos responsábeis de que permitir por acción ou omisión semellante comportamento corrupto. Era coñecedor o Conselleiro Sr. Hernández destas prácticas? A Dirección Xeral de Conservacion da Natureza nunca detectou que se estaban emitindo licenzas de caza sen pasar o exame do cazador nen pagar as correspondentes taxas?

-Cal é o montante do desfalco para as arcas públicas que supuxo non pagar ducias de licenzas durante anos?

-Cais son as implicacións que tivo, ten e terá para a conservación da fauna protexida e da fauna cinexética o feito de que ducias de cazadores ilegais, que non pasaron o exame do cazador e, portanto, non teñen nin idea de como e que poden cazar?.

Dende ADEGA preguntámonos cantas batidas, agardas, ganchos etc. sobre a fauna salvaxe foron autorizadas e realizadas por cazadores "ilegais" e cal foi o seu impacto sobre as especies salvaxes. Aparte do risco que para a seguridade cidadá implica a tenza de armas por persoas non capacitadas legalmente, para ADEGA os responsábeis da desregulación total da caza en Galiza teñen nomes e apelidos. Son os mesmos que, sen ir máis lonxe, acaban de aprobar o adianto da apertura tempada de caza, inicialmente prevista para o día 21 de outubro, á vindeira fin de semana (14 de outubro). Trátase de que evitar unha masiva fuxida de escopetas ao monte no día das eleccións, xa que é ben coñecido a onde van parar a maioría dos votos do chumbo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA