Adega
INICIO Últimas novas Cimeira do clima de Durban: especulando co cambio climático?
Cimeira do clima de Durban: especulando co cambio climático? PDF Imprimir Correo-e
Envia Cimeira do clima de Durban: especulando co cambio climático? a FaceBookEnvia Cimeira do clima de Durban: especulando co cambio climático? a Twitter
29 de novembro de 2011. A conferenza COP-17 está a decidir en Durban o futuro dun Protocolo de Quioto cuxo primeiro periodo remata en 2012. Porén, o acordo semella imposíbel. A crise económica fai que moitos países miren antes polos seus intereses que polo ben do planeta: EEUU e China, de acordo en fuxir de calquera compromiso, alén dos voluntarios; potencias emerxentes coma Brasil ou a India queren seguir tendo bula para desenvolverse e emitir "de balde"; Europa, onde dixo redución do 30% para 2020, agora di 20% e Xapón e Canadá desvencéllanse de futuros compromisos... Cunhas emisións de gases de efeito invernadoiro que voltan a superar máximos históricos e cunha concentración récord de CO2 na atmosfera (392 ppm), un acordo de redución serio e ambicioso non pode agardar máis. Esa cifra, 392 ppm de CO2 é a verdadeira prima de risco para o planeta: non podemos seguir especulando así co clima!

Cómpre lembrar que o protocolo de Quioto que vence en 2012 pretendía reducir o total mundial das emisións un 5% con respeito aos níveis de 1990, e que na actualidade, só o 25% das emisións están sometidas a este protocolo. Por outra banda, o IPCC (Painel Intergobernamental para o Cambio Climático da ONU) prognostica un aumento da temperatura global de entre 1 e 5 graos para 2100 que arestora xa é de 0,7º a nível global, 0,9º en Europa e 1,5º no estado español. Segundo a a Axencia Internacional da Enerxía, temos 5 anos para limitar o quecemento de xeito que non comprometa irreversibelmente o futuro do planeta. Á vista desta situación, a necesidade de anovar Quioto ou substituilo por outro acordo vencellante e ambicioso que comprometa aos principais países emisores parece máis urxente ca nunca.

A situación local  tampouco é optimista. Galiza e España sempre amosaron unha escandalosa submisión ao lobby do CO2. O estado é o maior incumpridor de Quioto da UE, aínda que nos últimos tres anos as emisións baixaron mais grazas á crise. Tanto España como a UE manteñen a este respeito unha postura cínica e de comenencia: acoden ás cimeiras internacionais como principais valedoras de acordos climáticos serios e vencellantes e acaban pregándose aos intereses dos EE.UU e ás demandas dos países que, fóra de Quioto, non queren escoitar falar de compromisos nen de reducións efectivas das emisións. O decreto do carbónque consolidou as axudas públicas ás térmicas, auténticas fábricas do cambio climático, é outra proba da falla de coerencia e seriedade de España (e da UE que llo permitíu).
 

Mentres, en Galiza a Xunta mantén no esquecemento o Plano de Acción contra o Cambio Climático xa de por si pouco ambicioso e segue investindo millóns de euros no transporte por estrada (Plano MOVE, vías de alta capacidade, "desdobramentos", etc) para que "todo galego/a teña a menos de 10 minutos unha vía de alta capacidade" -Feijóo dixit-, facendo que as emisións do tráfico non paren de medrar. E a incineración dos residuos do modelo SOGAMA, que deita millóns de toneladas de CO2 á atmosfera, vai alongarse con outra incineradora no sur. Para emitir CO2, non hai austeridade que valla!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA