Adega
INICIO Últimas novas A realidade dos residuos en Galiza: "Puntos limpos" ou simples vertedoiros de produtos perigosos?
A realidade dos residuos en Galiza: "Puntos limpos" ou simples vertedoiros de produtos perigosos? PDF Imprimir Correo-e
Envia A realidade dos residuos en Galiza: "Puntos limpos" ou simples vertedoiros de produtos perigosos? a FaceBookEnvia A realidade dos residuos en Galiza: "Puntos limpos" ou simples vertedoiros de produtos perigosos? a Twitter
Pilas12 de decembro de 2011. Os puntos limpos deseñáronse para xestionar aqueles residuos urbanos tóxicos, perigosos ou especiais que non deben xuntarse co lixo domiciliario. Usualmente, son os concellos quenes os xestionan e a veciñanza debe trasladar voluntariamente os seus residuos (pilas, lámpadas, ordenadores, aceites...) coa garantía que van ser tratados axeitadamente. Porén, moitos puntos limpos son instalacións virtuais: non están abertos ou funcionan mal. Nestes casos rematan sendo simples "aparcadoiros de lixo" no que os residuos amoreados carecen das mínimas garantías sanitarias e ambientais. Tal é o caso do "punto limpo" do concello das Neves: baterías polo chan, anacos de uralita ciscados entre cascallos, aceites rebordando coa chuvia dun contentor aberto e fluindo polo chan...

FibrocementoDada a natureza dos refugallos que acollen estas instalacións, é importante que os protocolos de recolida, almacenamento e tratamento destes sexan escrupulosamente respectados. A cidadanía confía en que as administracións cumpran as garantías sanitarias e ambientais no manexo destes residuos: para iso molestámonos en separar axeitadamente e desprazármonos até estes recintos cos nosos refugallos.

AceiteNon é tolerábel que por desidia, incapacidade ou falta de interese, estes elementos perigosos e contaminantes non teñan un tratamento axeitado. Mesmo poden dar lugar a problemas sanitarios e ambientais: o fibrocemento (uralita) deita amianto, un elemento canceríxeno por inalación e contacto; unha soa pila abonda para contaminar 20.000 l de auga potábel e os seus metais pesados acumúlanse nos tecidos podendo provorcar disrupcións hormonais, tumores ou problemas neurolóxicos. E os aceites usados, sobre todo os minerais (aceites de motor) poden contaminar gravemente os acuíferos con hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAPs, benzopirenos, etc.) e metais pesados.

DesagueEstas malas prácticas son para ADEGA outra herdanza de SOGAMA: transmitiuse á cidadanía a idea de que o lixo simplesmente "desaparece" ao botalo ao contentor ou deixalo no punto limpo. E se non se ve o lixo, solucionado o problema. No entanto, os residuos non desaparecen: só cambian de ubicación (o enorme macrovertedoiro de SOGAMA na Areosa, Cerceda); ou de fase, transformándose ao incineralos en gases e cinsas moi tóxicas que xeran novos e máis graves problemas ambientais.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA