Adega
INICIO Novas
Novas de ADEGA-Lugo


ADEGA e outras 15 organizacións rexeitan a limpeza da Muralla de Lugo en época de nidificación PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e outras 15 organizacións rexeitan a limpeza da Muralla de Lugo en época de nidificación a FaceBookEnvia ADEGA e outras 15 organizacións rexeitan a limpeza da Muralla de Lugo en época de nidificación a Twitter

vencello_1Lugo, a 16 de maio de 2011. ADEGA e outros 15 colectivos sociais, culturais e ambientalistas de Lugo, así coma un gran número de cidadáns, vimos de solicitar ao Concello de Lugo e á Dirección Xeral de Patrimonio a paralización inmediata dos labores de limpeza de vexetación da Muralla Romana que se están a realizar durante o período de nidificación de diferentes especies de aves que empregan o noso monumento, Patrimonio da Humanidade, para tal fin.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteiro de ADEGA-Lugo polas terras dos feros corvos do Xallas PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro de ADEGA-Lugo polas terras dos feros corvos do Xallas a FaceBookEnvia Roteiro de ADEGA-Lugo polas terras dos feros corvos do Xallas a Twitter

mirador_ezaroLugo, maio de 2011. ADEGA-Lugo realizará o penúltimo roteiro deste curso de andainas dedicado á lingua nas terras de Eduardo Pondal, na paisaxe do Xallas, na Costa da Morte. Terá lugar o domingo 29 de maio e está organizado xunto coa Plataforma en Defensa do río Xallas, cuxos representantes serán os guías da camiñada desde o lugar de Olveira ata o mirador do Ézaro. Durante o percorrido, duns 15 km, poetas da comarca evocarán as palabras de Pondal e doutros autores da zona.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A APLU paralisa a actividade de ERIMSA en Begonte por estar na Rede Natura PDF Imprimir Correo-e
Envia A APLU paralisa a actividade de ERIMSA en Begonte por estar na Rede Natura a FaceBookEnvia A APLU paralisa a actividade de ERIMSA en Begonte por estar na Rede Natura a Twitter
Erimsa_Begonte1Lugo, 5 de maio de 2011. A consecuencia dunha denuncia presentada por ADEGA en xuño de 2009, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística vén de emitir un Informe APLU dándonos a razón e recoñecendo que a actividade extractiva de ERIMSA en Begonte é ilegal por executarse sobre solo de especial protección de espazos naturais e no LIC Ladra-Parga-Támoga. Tamén recoñece o fallo que a empresa carece de autorización urbanística da Xunta e de licenza municipal para esta actividade. Por estes motivos, a APLU dispuxo a suspensión da actividade ordenando á empresa que, no prazo de tres meses, presente a oportuna solicitude de autorización ante a Xunta, por se a actividade puidera ser legalizable. ADEGA desbota esta posibilidade.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Participa nos concursos de fotografía e relatos curtos polo territorio! PDF Imprimir Correo-e
Envia Participa nos concursos de fotografía e relatos curtos polo territorio! a FaceBookEnvia Participa nos concursos de fotografía e relatos curtos polo territorio! a Twitter
concursosTMaio de 2011. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, ADEGA convoca un concurso de fotografías e outro de relatos curtos coa intención de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego através da imaxe e da palabra. Ambos concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Deporte de Vicepresidencia Primeira da Dep. de Lugo e contan coa colaboración das organizacións: AELG, AGAL, A MESA, ASPG, CIG, Nova Escola Galega, STEG, CCOO e UXT de Galiza. Baixa as bases do concurso FOTOGRAFÍA (165 Kb) e do de RELATOS CURTOS (189 Kb). Tedes até o 1 de xuño para enviar os orixinais.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
As claves para construír o territorio son: coñecelo en profundidade, valoralo e protexelo PDF Imprimir Correo-e
Envia As claves para construír o territorio son: coñecelo en profundidade, valoralo e protexelo a FaceBookEnvia As claves para construír o territorio son: coñecelo en profundidade, valoralo e protexelo a Twitter

CT_publicoLugo, 30 de abril de 2011. Clausúranse con éxito as Xornadas “Cultura e Territorio” de ADEGA, celebradas hoxe en Lugo e que están enmarcadas na campaña da organización ecoloxista en defensa do territorio “Ponte no medio. Móvete polo territorio”. No encontro participaron referentes de diferentes eidos culturais e sociais que sinalaron formas e proxectos de creación ou planificación territorial sustentábeis e alternativas ás fórmulas dominantes. O politólogo Carlos Taibo pronunciou unha conferencia sobre a "Teoría do Decrecemento" na que tamén se entende o Territorio e a Cultura como elementos indisolúbeis.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA analizará a relación entre a nosa Cultura e o Territorio este sábado en Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA analizará a relación entre a nosa Cultura e o Territorio este sábado en Lugo a FaceBookEnvia ADEGA analizará a relación entre a nosa Cultura e o Territorio este sábado en Lugo a Twitter

mesa_rolda_con_baoLugo, a 27 de abril de 2011. Este mércores ADEGA presentou en Lugo en rolda de prensa a programación das Xornadas “CULTURA E TERRITORIO” que organiza dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”. As xornadas “Cultura e Territorio”, que contan co patrocinio da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo, terán lugar o vindeiro 30 de abril no Salón de Actos desta institución desde as 10 até as 20 horas. Na presentación estiveron o Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, o Secretario Xeral de ADEGA, Froilán Pallín, e Montse Lombardía e Anxo Manoel Lamelo, como organizadores do evento. Consulta o PROGRAMA.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 15 de 22
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA