Adega
INICIO Novas ADEGA analizará a relación entre a nosa Cultura e o Territorio este sábado en Lugo
ADEGA analizará a relación entre a nosa Cultura e o Territorio este sábado en Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA analizará a relación entre a nosa Cultura e o Territorio este sábado en Lugo a FaceBookEnvia ADEGA analizará a relación entre a nosa Cultura e o Territorio este sábado en Lugo a Twitter

mesa_rolda_con_baoLugo, a 27 de abril de 2011. Este mércores ADEGA presentou en Lugo en rolda de prensa a programación das Xornadas “CULTURA E TERRITORIO” que organiza dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”. As xornadas “Cultura e Territorio”, que contan co patrocinio da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo, terán lugar o vindeiro 30 de abril no Salón de Actos desta institución desde as 10 até as 20 horas. Na presentación estiveron o Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, o Secretario Xeral de ADEGA, Froilán Pallín, e Montse Lombardía e Anxo Manoel Lamelo, como organizadores do evento. Consulta o PROGRAMA.

mesa_rolda_froilan_e_baoAntón Bao destacou a responsabilidade das administracións públicas de “actuar de xeito activo e consciente na preservación da Cultura e do Territorio para limitar as agresións da identidade territorial propia”, liñas que, segundo dixo o vicepresidente primeiro da Deputación lucense, están recollidas no convenio asinado con ADEGA no que se enmarcan estas xornadas. Pola súa parte, o secretario xeral de ADEGA, Froilán Pallín, reiterou a necesidade de que a sociedade “se poña no medio” e rexeite “que a planificación do territorio galego veña dada polas iniciativas privadas” e salientou os casos de desfeita territorial das obras hidroeléctricas nos Canóns do Sil, do desenvolvemento urbanístico de Barreiros, das canteiras de lousa do Courel ou da piscifactoría de Rinlo (Ribadeo).

Montserrat Lombardía e Anxo Manoel Lamelo explicaron os contidos das tres mesas-coloquio nas que estarán centradas as Xornadas “Cultura e Territorio” do vindeiro sábado. Nelas analizarase a relación da tradición oral, da cultura galega e da arquitectura co territorio galego coa axuda de persoas referentes destes tres eidos en Galiza.

O acto acollerá ademais unha conferencia sobre a ”Teoría do decrecemento” que impartirá o politólogo galego e profesor titular de Ciencias Políticas e Administración da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo.

No acto, que será aberto para o público xeral, ADEGA fará entrega dun dossier con información relativa aos contidos das palestras.

Para máis información, tfno: 982240299.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA