Adega
INICIO Novas Roteiro de ADEGA-Lugo polas terras dos feros corvos do Xallas
Roteiro de ADEGA-Lugo polas terras dos feros corvos do Xallas PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro de ADEGA-Lugo polas terras dos feros corvos do Xallas a FaceBookEnvia Roteiro de ADEGA-Lugo polas terras dos feros corvos do Xallas a Twitter

mirador_ezaroLugo, maio de 2011. ADEGA-Lugo realizará o penúltimo roteiro deste curso de andainas dedicado á lingua nas terras de Eduardo Pondal, na paisaxe do Xallas, na Costa da Morte. Terá lugar o domingo 29 de maio e está organizado xunto coa Plataforma en Defensa do río Xallas, cuxos representantes serán os guías da camiñada desde o lugar de Olveira ata o mirador do Ézaro. Durante o percorrido, duns 15 km, poetas da comarca evocarán as palabras de Pondal e doutros autores da zona.

Desta volta faremos o roteiro pola Costa da Morte, á beira do río Xallas. Ao tempo que pretendemos reivindicar a protección  deste río, tamén lembraremos a Eduardo Pondal, un dos autores galegos máis relevantes do século XIX e en cuxa obra están moi presentes as paisaxes do Xallas. Foi o autor do poema “Os pinos” que, con música de Pascual Veiga, deu lugar ao himno galego. Acompañarannos algúns poetas da Costa da Morte, que nos axudarán a coñecer e valorar  a obra de Pondal.

Xallas-por-Ponte-OlveiraO Xallas é o río que conta con máis potencia hidroeléctrica instalada na bacía Galicia-Costa. Aínda así, está en proxecto a construción de tres novas centrais nun treito no que o río xa conta con 5 aproveitamentos e 4 encoros. O roteiro permitiranos camiñar por algúns dos poucos treitos do río aínda virxes e marabillarnos coa beleza da Devesa dos Anllares.

O inicio do roteiro terá lugar en Olveira (concello de Dumbría). Camiñando pola vertente oeste do Xallas cruzarémolo pasando xa ao concello de Mazaricos, onde visitaremos a central de Ponte Olveira (onde está proxectada a construción doutra nova). Despois de pasar polo lugar de Campelo, chegaremos á Devesa dos Anllares, fronte á cal está prevista outra central. Dirixirémonos ao lugar de Arcos e remataremos o roteiro no miradoiro do Ézaro.

O roteiro ten unha lonxitude de 15 km e pode considerarse de dificultade  media.

LUGARES E HORAS DE SAÍDA:

-Para as persoas que vaian desde Lugo, a hora de saída é as 8 da mañá. O bus sairá a esa hora de diante da Escola de Maxisterio (Avenida de Ramón Ferreiro). Haberá que reservar praza chamando ao 679 113 718 ou ao 982 240299.

-O punto de encontro en Olveira será no Bar As Pías (parada habitual dos peregrinos) ás 11 da mañá. Ás 10:30 da mañá sairá un grupo de xente cara a Olveiroa dende o IES Fernando Blanco de Cee.

Aconséllase leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.

PREZOS:

Xeral.................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro.........................................12 €
Soci@s................................................................................. 10 €
Ata 17 anos............................................................................ 5 €

ÚLTIMO ROTEIRO DE ADEGA LUGO DO CURSO 2010-2011:

26 Xuño: “Vendo-os assim tão pertinho…”           Valença-Monçao

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA