Adega
INICIO Novas
Novas de ADEGA-Lugo


A CH Miño-Sil e a Xunta indiferentes ante a proliferación do cangrexo americano na Rede Natura PDF Imprimir Correo-e
Envia A CH Miño-Sil e a Xunta indiferentes ante a proliferación do cangrexo americano na Rede Natura a FaceBookEnvia A CH Miño-Sil e a Xunta indiferentes ante a proliferación do cangrexo americano na Rede Natura a Twitter
cangrexo_vermelloLugo, 8 de novembro de 2010. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Xunta aínda non tomaron medidas para frear a expansión dunha especie invasora, o cangrexo vermello americano, na Lagoa de Riocaldo (Begonte), apesar de recibir xa hai dous meses a denuncia de ADEGA e o apoio a esta denuncia do INLUDES (Instituto Lucense de Desenvolvemento). A proliferación desta especie, que afecta a un Lugar de Interese Comunitario, zona de Rede Natura e Reserva da Biosfera, agravouse desde que a empresa ERIMSA abriu unha canle de evacuación de auga fóra da lagoa para a extracción de áridos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Concello de Vilalba tala unha árbore centenaria pese as reclamas de ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia O Concello de Vilalba tala unha árbore centenaria pese as reclamas de ADEGA a FaceBookEnvia O Concello de Vilalba tala unha árbore centenaria pese as reclamas de ADEGA a Twitter
castieiro_indias_reduc_copia

Lugo, a 05 de novembro de 2010.- Cando se trata de xestionar un espazo ornamental público, a historia e singularidade do espazo, a historia e singularidade dos seus exemplares, -e nunca o valor forestal destes-, son os primeiros criterios que un responsábel municipal debera tomar en consideración para potencialos, promovelos e poñelos en valor. É por isto, que ADEGA ten que manifestar hoxe  o seu malestar pola determinación do Concello de Vilalba de talar unha das árbores centenarias da Alameda desta localidade.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O primeiro roteiro de ADEGA Lugo vai ser á Serra do Courel PDF Imprimir Correo-e
Envia O primeiro roteiro de ADEGA Lugo vai ser á Serra do Courel a FaceBookEnvia O primeiro roteiro de ADEGA Lugo vai ser á Serra do Courel a Twitter

foto_CourelLugo, a 29 de outubro de 2010.- O primeiro roteiro deste curso 2010-2011 dedicado á Lingua galega non podía ir a outro lugar máis que aquel onde naceu o grande poeta, este ano conmemorado no Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra. O 7 de novembro iremos ata a Serra do Courel. A camiñada rematará na Festa da Castaña de Folgoso. Descarga o CARTAZ .

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A lingua galega: eixo temático dos roteiros de ADEGA Lugo 2010-2011 PDF Imprimir Correo-e
Envia A lingua galega: eixo temático dos roteiros de ADEGA Lugo 2010-2011 a FaceBookEnvia A lingua galega: eixo temático dos roteiros de ADEGA Lugo 2010-2011 a Twitter
presentacion_roteirosLugo, a 29 de outubro de 2010. ADEGA Lugo vén de apresentar o seu programa de roteiros para o curso 2010-2011 que, desta volta, estará dedicado á lingua como principal eixo de conexión patrimonial e cultural entre os galegos e galegas, xunto coa paisaxe e o territorio de Galiza. O obxectivo é recoñecer e potenciar a lingua propia como vehículo de vida, entendemento e expresión do medio que nos arrodea para non deixar esmorecer o que constitúe o principal elemento da nosa identidade, hoxe ameazada. Descarrega o PROGRAMA de ROTEIROS 2010-2011 (0,5 Mb) .
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O ministro de Fomento desenténdese da súa responsabilidade co tren Santiago-Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia O ministro de Fomento desenténdese da súa responsabilidade co tren Santiago-Lugo a FaceBookEnvia O ministro de Fomento desenténdese da súa responsabilidade co tren Santiago-Lugo a Twitter
Blanco
Lugo, a 27 de outubro de 2010.- Onte pola mañá varios membros de ADEGA quixeron entregar ao ministro de Fomento, Xosé Blanco, na súa visita a Lugo, un escrito de petición da posta en marcha dun tren de proximidade entre Lugo e Santiago; sen embargo, o escrito foi desprezado polo ministro, quen "pasou a pelota" ao tellado da Xunta de Galiza dicindo que o tren Lugo-Santiago non é da súa competencia. Na foto, dúas membros de ADEGA fronte ao ministro intentando entregarlle o documento.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA participou no roteiro en contra da minicentras da Fervenza no Corgo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participou no roteiro en contra da minicentras da Fervenza no Corgo a FaceBookEnvia ADEGA participou no roteiro en contra da minicentras da Fervenza no Corgo a Twitter
fervenza_corgoLugo, a 19 de setembro de 2010.- Unhas 60 persoas participaron onte no roteiro reivindicativo, organizado polo BNG de O Corgo, para opoñerse á execución da miniscentral de Tosende, promovida por Hidroeléctrica de Tosende S.L., propiedade de Luis Castro Valdivia, no lugar da Fervenza (O Corgo). Denomínase así este lugar por ser o salto natural máis alto do cauce do Miño. A empresa promotora pretende unha aproveitamento do caudal de 1.000 m3 por segundo, coa instalación dun salto de 3 metros de alto e dúas turbinas de 80 m3/s e 20 m3/s, respectivamente. O Ministerio de Medio ambiente, rural e mariño, acáballe de dar luz verde ao proxecto, a pesares de estar localizado nunha zona de especiais valores ecolóxicos e ambientais e dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 18 de 22
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA