|
Unhas 500 persoas participaron na concentración-mobilización convocada a través das redes sociais contra os lumes forestais e a prol da defensa das Fragas do Eume na que participou ADEGA e cuxa pancarta encabezou a marcha. Baixo o lema “Lumes, Nunca Máis”, os cidadáns de Lugo partimos ás 20.30 horas da Praza Maior cara o edificio da Xunta de Galiza para solidarizarnos coa veciñanza do Parque Natural do Eume, para denunciarmos a catástrofe ecolóxica que ven de sufrir o espazo protexido e para demandar á Xunta de Alberte Núñez Feijóo políticas efectivas de protección dos lumes, poíticas de protección real dos espazos protexidos e políticas de sensibilización e concienciación social sobre as zonas protexidas e as graves consecuencias dos incendios forestais. Entra no corpo da nova para ver as imaxes da marcha!
|
Ler máis...
|
|
Este domingo 25 de marzo, ADEGA-Lugo realiza outro percurso no marco dos roteiros 2011-2012 dedicados á Galiza Máxica. Desta volta, iremos ao concello de Barreiros, cuxos montes de litoral agochan varias lendas de personaxes lendarias (bispo Maeloc ou o Apóstolo Santiago) e de ritos máxicos en fontes, capelas ou fervenzas. A ruta será duns 13 quilómetros e de dificultade medio-baixa. O autobús partirá desde Lugo, desde a Facultade de Formación de Profesorado ás 9 horas (pola hora nova, tras o cambio horario!).
|
Ler máis...
|
09 de marzo de 2012.- Hai máis dun ano que ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e PAEXGA (Protectora de Animais Exóticos de Galicia) denunciamos a situación da proliferación da herba da pampa na autovía A-6. Tras a presentación das nosas reclamas, vimos comprobando que nos últimos meses, o Ministerio de Fomento está a dipoñer traballos de erradicación desta especie ao longo de toda a autoestrada A-6, algo que nos congratula e que lle recoñecemos a esta institución. Mais, tamén demandamos a mesma disposición para outras estradas principais de Galiza que se atopan na mesma situación de invasión por plantas exóticas.
|
Ler máis...
|
Este domingo 26 de febreiro convidámoste a un novo roteiro máxico. Desta volta discorrerá principalmente polo concello do Saviñao, en plena Ribeira Sacra. Os ríos Miño e Sil que a atravesan son o lar das xacias, seres metade humanos e metade peixes que poden vivir tanto no fondo dos pozos como en terra, principalmente nos castros. Poderemos gozar dos espazos naturais únicos da ribeira do Sil e visitarmos mosteiros como o da Cova (xoia do románico rural), o de Diomondi e o de Santo Estevo. Ademais, contemplaremos as panorámicas do meandro do río Sil onde a terra recibe o nome de Cabo do Mundo. Descarrega aquí o CARTAZ.
|
Ler máis...
|
Lugo, a 13 de febreiro de 2012.- Desde ADEGA sumámonos á petición dos veciños e veciñas de Cereixedo, do concello de Cervantes, que reclaman ás autoridades que se restaure a súa Igrexa parroquial, cuxo estado de conservación é lamentable e mesmo existe risco de desprendemento dalgún dos seus altares, o que podería poñer en perigo a seguridade dos fregueses. Por iso vimos de presentar un escrito ante Consellaría de Cultura, e nomeadamente á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, facendo formal a nosa petición. ADEGA coñeceu as reclamas dos veciños o pasado 29 de xaneiro, durante a realización dun roteiro polas montañas de Cervantes, inspirado na lenda popular da Cerva Branca. Á nosa chegada a Cereixedo visitamos a Igrexa, converténdonos en testemuñas directas do mal estado de conservación no que se atopa, pese ao seu grande valor patrimonial.
|
Ler máis...
|
Lugo, 9 de febreiro de 2012. Parte da gran degradación paisaxística, biolóxica e cultural que estamos a sufrir no país é debida ás permisivas normativas forestais que ao longo dos anos favoreceron a destrución total ou parcial de grandes e pequenas superficies de carballeiras e outras masas forestais autóctonas, que logo mudaron de uso e foron transformadas en plantacións de piñeiros ou eucaliptos. ADEGA demándalle á Xunta que a nova Lei de Montes limite as cortas a feito das fragas, que non permita a súa restitución por especies de crecemento rápido e que faga cumprir a lexislación xa existente neste senso. O contrario suporía perpetuar o "franquismo forestal" en forma de máis monocultivos en detrimento da floresta autóctona e da diversidade natural e paisaxística galega.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 11 de 22 |