Adega
INICIO Novas Roteiro pola antiga capital do Reino de Galiza a prol da lingua
Roteiro pola antiga capital do Reino de Galiza a prol da lingua PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro pola antiga capital do Reino de Galiza a prol da lingua a FaceBookEnvia Roteiro pola antiga capital do Reino de Galiza a prol da lingua a Twitter

MondoedoLugo, marzo de 2011. ADEGA-Lugo organiza o próximo roteiro da lingua  que terá lugar o domingo 27 de marzo, por terras de Mondoñedo, antiga capital do Reino de Galiza, e a carón da Serra da Corda. O obxectivo é recoñecer e potenciar a lingua propia coa lembranza e evocación de destacados persoeiros da cultura galega que foron nados neste Val de Brea: Noriega  Valera, Leiras  Pulpeiro,  Álvaro Cunquiero,  Carlos  Reigosa,  Pascual  Veiga, etc.

catedral_MondoedoSeguindo o Camiño Norte ao abeiro da Serra da Corda desde a feira de Gontán, deixarémonos conducir polos poetas da paisaxe deica o antigo Val de Brea no que se asenta a cidade mindoniense capital do Antigo Reino de Galiza. Iremos descubrindo, ao longo dun percorrido de gran valor cultural, os grandes fitos dunha das maiores escolas literarias galegas. Pasando o San Cosme de Galgao,  avistaremos o Cristo do Fiouco e accederemos á Alameda dos Remedios polo Campo das San Lucas, visitando o Bosque de Silva e as casas natais dos grandes poetas e músicos mindonienses, a Fonte Vella, a Praza da Catedral e o barrio xudeu, o claustro do Seminario, o conxunto etnográfico dos Muíños e o vía crucis do mosteiro dos Picos.

Ruta_auga_mondoedoRemataremos esta xornada primaveral no parque do Cemiterio Vello cunha homenaxe a Cunqueiro  no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento e aos outros literatos e músicos mindonienses que alí fican sepultados.  Se fose posible,  prolongariamos o roteiro  facendo un treito da Rota da Auga deica A Fervenza.

O roteiro ten unha lonxitude de 12 km e pode considerarse de dificultade media-baixa.

DOMINGO, 27 de MARZO de 2011

Xeral....................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro..................................... .......12 €
Soci@s.................................................................................... 10 €
Ata 17 anos............................................................................ .. 5 €

Sairemos de diante da Escola de Maxisterio  ás 9 horas polo horario novo (o sábado 26 ten lugar o cambio de hora para o horario de verán (adiántase 1 hora). Prégase puntualidade.

Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO

17 Abril: Modelo Burela                                                                  Burela

29 Maio: “Feros corvos do Xallas…”                                            Costa da Morte

26 Xuño: “Vendo-os assim tão pertinho…”                                  Valença-Monçao

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA