|
Lugo, 3 de novembro de 2011. Este venres día 4, ás 20 horas, no salón de actos da Casa Sindical de Lugo (Ronda da Muralla, 58), continúan as charlas organizadas por ADEGA e o Colexio de Arquitectos (COAG) de Lugo sobre "Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros", que o pasado venres tiveron grande aceptación. Desta volta, os profesores de dereito administrativo na USC, Alba Nogueira e Fernando de Abel, xunto co secretario do COAG en Lugo, Xosé Luis Sanmiguel, analizarán as consecuencias a nivel xurídico e legal da aprobación por parte da Xunta de Galicia do Plan Sectorial de Barreiros, que pretende abastecer as novas vivendas de servizos mínimos básicos. Descarga o CARTAZ.
|
Ler máis...
|
|
Lugo, 31 de outubro de 2011.- O pasado venres, 28 de outubro de 2011, ADEGA Lugo celebrou a súa Asemblea Ordinaria no Salón de Actos do Edificio de Sindicatos de Lugo, na que anovou Directiva, aprobada por unanimidade. Montserrat Lombardía segue sendo a presidenta da delegación de Lugo, mentres que Adela Figueroa obstentará o cargo da Vicepresidencia e Lois Toirán, a Secretaría. No acto fíxose balanzo dos dous últimos anos de actividade, resumo das contas e presentouse o programa de roteiros 2011-2012. A xornada completouse coa charla organizada conxuntamente co Colexio de Arquitectos de Lugo: "Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros".
|
Ler máis...
|
Lugo, 27 de outubro do 2011. ADEGA e o Colexio de Arquitectos de Lugo (COAG) organizan conxuntamente un ciclo de conferencias e mesas redondas, que comezará mañá venres, día 28 de outubro, e no que se vai a abordar a problemática da xestión do territorio en relación co urbanismo, baixo o título: " Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros". Tal e como fai referencia a denominación do ciclo, poñerase unha especial atención a toda a problemática urbanística, social, ambiental e xurídica creada arredor do caso de Barreiros, e pola que ADEGA xa presentou varios recursos nos tribunais e denuncias diante da Fiscalía. Descarrega o CARTAZ .
|
Ler máis...
|
Lugo, 27 de outubro de 2011.- ADEGA Lugo convoca ás súas socias e socios á vindeira Asemblea Ordinaria da delegación que terá lugar mañá venres, día 28 de outubro no salón de Actos do Edificio de Sindicatos, Ronda da Muralla 58, a partir das 18:00 horas. A continuación terá lugar na mesma estancia a primeira das mesas redondas sobre o ciclo de charlas "Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros" que organiza ADEGA conxuntamente co Colexio de Arquitectos de Lugo, ás 20 horas. Finalmente, haberá unha cea de fraternidade entre os socios e socias da delegación de ADEGA en Lugo.
|
Ler máis...
|
Lugo, 25 de outubro de 2011.- Como vén sendo habitual, a Serra do Courel inicia o programa de roteiros de ADEGA-Lugo, que este ano está dedicado á "Galiza máxica. Un país de lendas". Nesta andaina, na que contaremos coa colaboración de SOS Courel, coñeceremos o espectacular conxunto xeomorfolóxico do Val das Mouras, un labirinto cárstico xerado ao longo do tempo mediante procesos de alteración natural da rocha caliza; e, desde a perspectiva mítica, un lugar máxico de castelos de penedos e hábitat de castiñeiros centenarios que foi, segundo a lenda, un asentamento de mouras. O autobús sairá este domingo, 30 de outubro, ás 9 horas (tras o cambio de hora), desde a Escola de Maxisterio de Lugo. Para apuntarse é imprescindible chamar antes ao 982240299 ou 679113718. Descarga o CARTAZ.
|
Ler máis...
|
Lugo, a 24 de outubro de 2011. ADEGA-Lugo presentou hoxe en rolda de prensa o seu Programa de Roteiros anual 2011-2012, baixo o título ROTEIROS POLA GALIZA MÁXICA. UN PAÍS DE LENDAS. Este ciclo de roteiros pretende divulgar e poñer en valor o carácter místico ou fantástico dos lugares ou elementos que adquiriron un significado diferente e único ao longo dos tempos, segundo lles foi determinado polas crenzas e costumes dos nosos devanceiros, nun intento de comprender a contorna ou o mundo circundante. Pero estes elementos están a desaparecer diariamente, entre outros motivos, por mor da intervención humana sobre o territorio, ao cal están ligados. Por iso ADEGA-Lugo quere chamar a atención sobre este patrimonio inmaterial e tradición oral que debemos conservar e poñer en valor fronte a desmemoria e a destrución territorial. Descarga aquí o PROGRAMA ROTEIROS 2011-2012.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 13 de 22 |