Adega
INICIO Novas
Novas de ADEGA-Lugo


ADEGA recolle 1.200 kg de lixo na cabeceira do río Rato de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA recolle 1.200 kg de lixo na cabeceira do río Rato de Lugo a FaceBookEnvia ADEGA recolle 1.200 kg de lixo na cabeceira do río Rato de Lugo a Twitter

limpeza_rios1Lugo, 03 de outubro de 2011.-A participación de ADEGA Lugo na IV Limpeza simultánea do Proxecto Ríos centrouse, como ven facendo nos últimos anos, na cabeceira do río Rato, entre os polígonos industriais do Ceao e As Gándaras. A cantidade de lixo recollida foi sorpresivamente elevada, uns 1.200 kg. de lixo nos que predominaron refugallos industriais, de obras, plásticos e automobilísticos. ADEGA Lugo pide á Xunta, á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e ao Concello de Lugo que descarten as urbanizacións nas zonas de cabeceira dos ríos, que taponan as súas fontes de auga naturais, e que presten especial atención a aquelas que se atopan en zonas industriais, como é no caso do río Rato. Demandan, así mesmo, que se exerza maior control e vixilancia contra o depósito ilegal de refugallos nas contornas fluviais e a posta en valor das súas cabeceiras.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Entrega dos premios de fotografía e relatos polo Territorio PDF Imprimir Correo-e
Envia Entrega dos premios de fotografía e relatos polo Territorio a FaceBookEnvia Entrega dos premios de fotografía e relatos polo Territorio a Twitter

premios_foto_grupo_Lugo, 22 de setembro de 2011. Hoxe ADEGA fixo entrega  dos premios aos mellores relatos curtos do concurso “O lugar onde vivo” e ás mellores fotografías do concurso “Fotografías polo Territorio” convocados a pasada primavera dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”. Teolinda Lorenzo e Luis Suárez López foron os gañadores do concurso de fotografía nas categorías xuvenil e adulta, respectivamente. En canto ao concurso de relatos, resultaron galardoados Sara Azidane, na categoría xuvenil, e María Brañas, na adulta. O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o Secretario Xeral de ADEGA, Froilán Pallín foron os encargados de entregar os premios.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA alega contra a ampliación do matadoiro de aves de Castro Ribeiras de Lea PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA alega contra a ampliación do matadoiro de aves de Castro Ribeiras de Lea a FaceBookEnvia ADEGA alega contra a ampliación do matadoiro de aves de Castro Ribeiras de Lea a Twitter

Grupo_SadaLugo, a 28 de Xullo de 2011.- Ante o anuncio no Diario Oficial de Galicia do 20 de Xuño do 2011, pola que se nos informa da solicitude do Grupo SADA P.A. Castilla-Galicia S.A. de Autorización ambiental integrada para a ampliación do matadoiro de aves que o grupo posúe en Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo), ADEGA alega sobre os impactos que o proxecto podería carrexar para o medio ambiente.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Cruzamos a "raia" cara a Monçao para despedir o curso de roteiros de ADEGA-Lugo a prol da lingua PDF Imprimir Correo-e
Envia Cruzamos a "raia" cara a Monçao para despedir o curso de roteiros de ADEGA-Lugo a prol da lingua a FaceBookEnvia Cruzamos a "raia" cara a Monçao para despedir o curso de roteiros de ADEGA-Lugo a prol da lingua a Twitter

monaoLugo, 22 de xuño de 2011. ADEGA Lugo pecha o vindeiro domingo 26 de xuño o seu programa de roteiros 2010-2011 dedicado á lingua galega cunha andaina pola "raia" con Portugal, na bisbarra  na que  naceu a asociación cultural e pedagóxica “Ponte nas ondas!”. Esta entidade, que contribúe a reforzar as relacións sociais, educativas e lingüísticas aos dous lados do pai Miño, será a que nos guíe nesta ruta que descorrrerá entre Salvaterra e Monçao.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O territorio retratado na literatura oral, na escrita e na toponimia está en perigo de desaparecer PDF Imprimir Correo-e
Envia O territorio retratado na literatura oral, na escrita e na toponimia está en perigo de desaparecer a FaceBookEnvia O territorio retratado na literatura oral, na escrita e na toponimia está en perigo de desaparecer a Twitter

palestra_0Lugo, 11 de xuño 2011. O Encontro de Escritor@s celebrado hoxe no Salón de Actos da Deputación de Lugo por ADEGA dentro da súa campaña por unha ordenación sustentable do territorio “Ponte no medio. Móvete polo territorio” acolleu unha ducia de autores e autoras galegas para retratar a súa relación co territorio galego e, nomeadamente, co lucense a través da literatura ou da toponimia. No encontro púxose de relevancia a situación de declive da conservación da literatura oral, escrita e da toponimia ligada ao territorio galego e instouse ás autoridades públicas competentes, autonómicas e locais, a velar pola súa preservación.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A terra e a literatura converxen no encontro "Escritor@s polo Territorio" PDF Imprimir Correo-e
Envia A terra e a literatura converxen no encontro "Escritor@s polo Territorio" a FaceBookEnvia A terra e a literatura converxen no encontro "Escritor@s polo Territorio" a Twitter

escritoresterrEste sábado 11 de xuño ADEGA reúne, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo das 9:30 ás 19:30 h, a persoeiros da cultura galega nunha xornada que leva por título “Escritor@s polo Territorio”. Os encargados de abrir este acto serán o Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo en funcións, Antón Bao e a Presidenta de ADEGA Virxinia Rodríguez. O encontro de escritores/as está enmarcado na campaña “Ponte no Medio. Móvete polo Territorio” que está levando a cabo ADEGA ao longo deste ano através de accións culturais, reivindicativas e xurídicas pola defensa do noso Territorio e contra a desfeita especulativa. “Ponte no Medio. Móvete polo Territorio” defende unha ordenación sustentable e unha alternativa posible de futuro. Baixa o Díptico (867 Kb) das xornadas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 14 de 22
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA