Adega
INICIO Novas
Novas de ADEGA-Lugo


Xornadas "CULTURA E TERRITORIO" en Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia Xornadas "CULTURA E TERRITORIO" en Lugo a FaceBookEnvia Xornadas "CULTURA E TERRITORIO" en Lugo a Twitter
Xornadas-CTDentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, cuxo lanzamento tivo lugar o pasado 16 de abril en Santiago de Compostela,  ADEGA organiza a xornada “CULTURA E TERRITORIO”, contando co patrocinio da Área de Cultura e Deporte de  Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Será o sábado 30 de abril no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, sita na Rúa San Marcos, desde as 10 até as 20 horas. A Xornada “Cultura e Territorio” pretende trasladar á sociedade galega unha dobre mensaxe: debemos frear a desfeita territorial e procurar unha alternativa sustentable de ordenación, que conciba  o territorio como un valor patrimonial e cultural que debemos protexer. Baixa o Programa das Xormadas (0,4 Mb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteiro pola Mariña para coñecer o "Modelo Burela" PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro pola Mariña para coñecer o "Modelo Burela" a FaceBookEnvia Roteiro pola Mariña para coñecer o "Modelo Burela" a Twitter

Burela_Lugo6Lugo, 12 de abril de 2011.- O vindeiro domingo 17 de abril, ADEGA Lugo lévate á Mariña luguesa e, en concreto, ao Concello de Burela, pioneiro na dotación dun Proxecto de Planificación Lingüística de carácter municipal no que se contempla o fomento do idioma galega noutras culturas chegadas ás nosas terras para convivir con nós. Esta iniciativa coñécese co nome de "Modelo Burela". Este roteiro enmárcase no ciclo de andainas 2010-2011 de ADEGA dedicadas á defensa da lingua propia.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A candidatura do Camiño Primitivo a Patrimonio da Humanidade debe efectivizar a súa protección PDF Imprimir Correo-e
Envia A candidatura do Camiño Primitivo a Patrimonio da Humanidade debe efectivizar a súa protección a FaceBookEnvia A candidatura do Camiño Primitivo a Patrimonio da Humanidade debe efectivizar a súa protección a Twitter

foro_caminho_1Lugo, 5 de abril de 2011. En relación coa recente aprobación en Burgos por parte do Consello de Patrimonio Histórico español da candidatura do Camiño Primitivo e Norte da Costa para a súa proclamación como Patrimonio Mundial pola UNESCO en 2012, o FORO DO CAMIÑO PRIMITIVO, do que forma parte ADEGA e outra vintena de entidades e asociacións implicadas na protección e promoción da primeira vía xacobea do mundo ao seu paso polo territorio galego, acolle positivamentente esta candidatura e agarda que sirva de revulsivo para axilizar e efectivizar a protección do Camiño Primitivo e para recuperalo dos "atropellos" e ameazas que ten sufrido ao longo das últimas décadas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteiro pola antiga capital do Reino de Galiza a prol da lingua PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro pola antiga capital do Reino de Galiza a prol da lingua a FaceBookEnvia Roteiro pola antiga capital do Reino de Galiza a prol da lingua a Twitter

MondoedoLugo, marzo de 2011. ADEGA-Lugo organiza o próximo roteiro da lingua  que terá lugar o domingo 27 de marzo, por terras de Mondoñedo, antiga capital do Reino de Galiza, e a carón da Serra da Corda. O obxectivo é recoñecer e potenciar a lingua propia coa lembranza e evocación de destacados persoeiros da cultura galega que foron nados neste Val de Brea: Noriega  Valera, Leiras  Pulpeiro,  Álvaro Cunquiero,  Carlos  Reigosa,  Pascual  Veiga, etc.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O TSXG avala a defensa dun camiño público usurpado por Fontnatura S.L. en Friol PDF Imprimir Correo-e
Envia O TSXG avala a defensa dun camiño público usurpado por Fontnatura S.L. en Friol a FaceBookEnvia O TSXG avala a defensa dun camiño público usurpado por Fontnatura S.L. en Friol a Twitter
serenLugo, 1 de marzo de 2011. Unha sentenza ditada o pasado 27 de xaneiro polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza  que ratifica outra anterior do Xulgado de Lugo, avala a orde emitida polo Concello de Friol que instaba aos responsables da sociedade mercantil FONTNATURA SL que repuxeran un camiño público no lugar de Serén previamente usurpado por estes. O concello actuou a instancias das denuncias da vecindade afectada e de ADEGA.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA-Lugo lévanos de roteiro polo Camín d'as Eiras en Taramundi PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA-Lugo lévanos de roteiro polo Camín d'as Eiras en Taramundi a FaceBookEnvia ADEGA-Lugo lévanos de roteiro polo Camín d'as Eiras en Taramundi a Twitter

TAramundiEste domingo 27 de febreiro, ADEGA Lugo convócanos a participar nun novo roteiro na honra da lingua galega, como principal eixo de conexión patrimonial e cultural entre os galegos e galegas, xunto coa paisaxe e o territorio de Galiza. Pero desta volta, recoñeceremos a nosa lingua fóra do territorio galego, en terras asturianas do Eo-Navia, en concreto, no concello de Taramundi.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 16 de 22
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA