Adega
INICIO Novas O ministro de Fomento desenténdese da súa responsabilidade co tren Santiago-Lugo
O ministro de Fomento desenténdese da súa responsabilidade co tren Santiago-Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia O ministro de Fomento desenténdese da súa responsabilidade co tren Santiago-Lugo a FaceBookEnvia O ministro de Fomento desenténdese da súa responsabilidade co tren Santiago-Lugo a Twitter
Blanco
Lugo, a 27 de outubro de 2010.- Onte pola mañá varios membros de ADEGA quixeron entregar ao ministro de Fomento, Xosé Blanco, na súa visita a Lugo, un escrito de petición da posta en marcha dun tren de proximidade entre Lugo e Santiago; sen embargo, o escrito foi desprezado polo ministro, quen "pasou a pelota" ao tellado da Xunta de Galiza dicindo que o tren Lugo-Santiago non é da súa competencia. Na foto, dúas membros de ADEGA fronte ao ministro intentando entregarlle o documento.

A intención de ADEGA era facer coñecedor ao ministro de Fomento, natural de Lugo, da necesidade desta cidade dun tren de proximidade con conexión coa capital galega, ao ser a única cidade galega sen este servizo ferroviario. No escrito expoñíanse os motivos da  demanda xunto coa petición xeral de por en andamento un transporte ferroviario que enlazase a Lugo co resto de Galiza e do mundo. Mais isto non llo puidemos explicar ao ministro quen, ante a presenza dos membros de ADEGA, amosou unha actitude despótica e sen vontade de escoitar, remitíndo a ADEGA á Xunta de Galiza, ao seu xuízo, o organismo quen se debe de ocupar do tren de proximidade. Curiosa tamén foi a actitude do alcalde de Lugo, Xosé Orozco, que o acompañaba e quen acusou a ADEGA de ter unha posición partidista e non dirixir as súas peticións a estancias autonómicas. Supoñendo que ao Sr. Alcalde tamén lle interese que a cidade de Lugo estea ben comunicada, non entendemos a súa oposición ao diálogo, pero aínda así lembrámoslle que a nosa asociación ecoloxista tamén se dirixiu en varias ocasións á Xunta quen debería reclamar e ter desenvoltas as competencias na materia, posibilidade que se establece no Estatuto de Autonomía. No obstante, o Ministerio de Fomento non queda exento da súa responsabilidade neste eido.

A pesar de que o noso intento de achegar as nosas demandas a Xosé Blanco foi infrutuoso, ben sabe o Sr. Ministro que o tren de proximidade mellora as condicións de vida dos humanos e da atmosfera; que o transporte por estrada no Estado español é o responsable do 45% das emisión de CO2; que as liñas ferroviarias que unen Lugo coa Coruña, outrora de gran utilización, están obsoletas e son  tan pouco frecuentes que acaban por non ser utilizadas; que, con Monforte, o máis importante nó ferroviario de Galiza, acontece o mesmo ou peor. Tamén sabe que non sería demasiado caro implementar un servizo de tren entre Compostela e a cidade de Lugo, visto que o territorio necesario xa está ocupado polo actual camiño de ferro. E tamén sabe o Sr. Ministro que o futuro AVE galego non dá o mesmo servizo que o tren de cercanías, pois o primeiro é máis caro, pouco versátil e só favorecedor dos grandes núcleos de poboación; mentras que o segundo é máis útil, ecolóxico e barato.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA