Adega
INICIO Novas ADEGA denuncia varios recheos e fugas de caudal na parte alta do río Rato.
ADEGA denuncia varios recheos e fugas de caudal na parte alta do río Rato. PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia varios recheos e fugas de caudal na parte alta do río Rato. a FaceBookEnvia ADEGA denuncia varios recheos e fugas de caudal na parte alta do río Rato. a Twitter

Recheos_rio_RatoLugo, a 19 de xullo de 2010.-A parte alta do río Rato estase a ver afectada gravemente polos recheos executados á altura do novo polígono das Gándaras, do Centro comercial das Termas e no polígono do Ceao, que están reducindo a superficie das zonas húmidas nas que nace o afluente do Miño e que o abastecen de auga durante todo o ano, coa consecuente e progresiva redución de caudal. ADEGA xa denunciou en varias ocasións as afectacións das obras do polígono das Gándaras sobre o regato, pero non é o único punto negro. Á altura do polígono do Ceao, na zona na que está instalada a antiga planta de alcatrán, centos de metros cadrados de zona húmida, da que tamén se abastece o Rato, foron taponados con toneladas de terra. E poucos metros máis abaixo do centro comercial das Termas, preto do Parque de Bombeiros, na antiga Agra de Cedeira, os recheos realizados de hai algo máis de un ano, afectaron tamén a un pequeno nacemento de auga que ía dar ao río Rato e cuxo destino agora é descoñecido.

Os recheos sobre zonas húmidas, alén de reducir áreas de abastecemento de auga para os efluentes, tamén reducen áreas de retención de auga que absorben os excesos de caudal provocados polas fortes chuvias. A diminución destas superficies inflúe, por tanto, na aparición puntual de inundacións de caudal que, nalgúns casos, chegan a degradar os colectores xerais.

 Riro_Rato_seco_ParadaiA parte dos recheos sobre zonas húmidas, ADEGA puido comprobar que grande parte do caudal do Rato comprendido entre as pozas das Gándaras e o parque de Paradai (2,7 km) desvíase da canle por dous ocos dos colectores antigos de augas fecais que percorren este treito de río. A primeira fuga localízase ao lado da ponte do tren, e a segunda preto do parque de Paradai, á altura da Rúa do Cantón e de Xoán Diego. Nese lugar o terreo afundiu e todo o caudal do río Rato desaparece cando deixa de chover intensamente, nomeadamente no verán, quedando prácticamente seco o treito entre a Rúa do Cantón ata a súa desembocadura co río Fervedoira.

 

Hai meses que ADEGA xa puxo en coñecemento destes feitos ao Departamento de Medio Ambiente do Concello de Lugo, sen que este promovera actuación algunha para solucionar estes defectos. Agora presentará unha denuncia perante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil co gallo de que as zonas afectadas polos recheos sexan restauradas co fin de devolver ao leito fluvial o caudal que lle corresponde e de conservar no seu estado natural as zonas húmidas. ADEGA tamén pedirá á Confederación que se arranxen canto antes os colectores antigos polos que se fuga o caudal do Rato para evitar a constante degradación do efluente e a derivación continua destas augas naturais do caudal cara á depuradora de augas fecais de Lugo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA