Adega
INICIO Novas O Concello de Vilalba tala unha árbore centenaria pese as reclamas de ADEGA
O Concello de Vilalba tala unha árbore centenaria pese as reclamas de ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia O Concello de Vilalba tala unha árbore centenaria pese as reclamas de ADEGA a FaceBookEnvia O Concello de Vilalba tala unha árbore centenaria pese as reclamas de ADEGA a Twitter
castieiro_indias_reduc_copia

Lugo, a 05 de novembro de 2010.- Cando se trata de xestionar un espazo ornamental público, a historia e singularidade do espazo, a historia e singularidade dos seus exemplares, -e nunca o valor forestal destes-, son os primeiros criterios que un responsábel municipal debera tomar en consideración para potencialos, promovelos e poñelos en valor. É por isto, que ADEGA ten que manifestar hoxe  o seu malestar pola determinación do Concello de Vilalba de talar unha das árbores centenarias da Alameda desta localidade.

castineiro_taladoTrátase dun castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum) que, a pesar de estar, ao parecer, afectado actualmente por un fungo ( Armillaria mellea) podía moi ben ter sido tratado química ou bioloxicamente para, cando menos, intentar a súa recuperación e conservación. Así llo fixo saber  ADEGA ao Sr. Alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, cando hai un mes tivemos coñecemento das obras de remodelación que, con cargo aos fondos do Plan E, se estaban a efectuar na Alameda, suxeríndolle, ademais, que se púxese en contacto coa Universidade e investigadores en fitopatoloxía do Campus Universitario de Lugo co fin de que se avaliaran as posibilidades de tratamento para este singular exemplar de castiñeiro de Indias e o mesmo fora incluído dentro dalgúns dos seus programas de estudo e investigación: houbera sido, ben seguro, unha excelente oportunidade para a recuperación de tal exemplar e, sen dúbida, unha oportunidade única para investigadores e estudantes de fitopatoloxía.

Mais, á vista dos feitos, hoxe non podemos senón lamentar que, en lugar de atender estas recomendacións, se teña optado  por unha solución tan pouco respectuosa coa singularidade e historia desta Alameda (que xa no seu día perdeu un importante número de castiñeiros centenarios para a construción dun aparcadoiro soterrado e un centenario  ulmeiro ou negrillo (Ulmus minor), por impedir as manobras dunha grúa), e tan pouco respectuosa tamén co patrimonio natural e público dos veciños e veciñas de Vilalba.

Hoxe en día, cando dende a mesma Organización das Nacións Unidas se nos invita a por en valor o patrimonio natural e a biodiversidade, parece que debera ser tempos doutra sensibilidade e doutro xeito, pois, de xestionar os valores e singularidades destes espazos urbanos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA