Lugo, a 19 de setembro de 2010.- Unhas 60 persoas participaron onte no roteiro reivindicativo, organizado polo BNG de O Corgo, para opoñerse á execución da miniscentral de Tosende, promovida por Hidroeléctrica de Tosende S.L., propiedade de Luis Castro Valdivia, no lugar da Fervenza (O Corgo). Denomínase así este lugar por ser o salto natural máis alto do cauce do Miño. A empresa promotora pretende unha aproveitamento do caudal de 1.000 m 3 por segundo, coa instalación dun salto de 3 metros de alto e dúas turbinas de 80 m 3/s e 20 m 3/s, respectivamente. O Ministerio de Medio ambiente, rural e mariño, acáballe de dar luz verde ao proxecto, a pesares de estar localizado nunha zona de especiais valores ecolóxicos e ambientais e dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
|