Adega
INICIO Novas O primeiro roteiro de ADEGA Lugo vai ser á Serra do Courel
O primeiro roteiro de ADEGA Lugo vai ser á Serra do Courel PDF Imprimir Correo-e
Envia O primeiro roteiro de ADEGA Lugo vai ser á Serra do Courel a FaceBookEnvia O primeiro roteiro de ADEGA Lugo vai ser á Serra do Courel a Twitter

foto_CourelLugo, a 29 de outubro de 2010.- O primeiro roteiro deste curso 2010-2011 dedicado á Lingua galega non podía ir a outro lugar máis que aquel onde naceu o grande poeta, este ano conmemorado no Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra. O 7 de novembro iremos ata a Serra do Courel. A camiñada rematará na Festa da Castaña de Folgoso. Descarga o CARTAZ .

Comezaremos a camiñada no vello Souto de Parada polo que subiremos ata a casa do poeta Uxío Novoneyra e tamén ata a escola na que María Mariño, outra das escritoras máis representantivas desta montaña, daba clase. Camiño da Lomba, baixaremos ata a FONTIÑA do Carabel/ Auga branca/ Nacia ó pé dunha faia/ Teñe que ter bon beber/ Fontiña do Carabel/ Que das xusto o que un pode beber… Logo pasaremos pola aldea máis grande da Serra, Ferreirós de Arriba da que destaca o seu magnífico Souto e o Pico de Penaboa, pendurado baixo o Piapáxaro. Antes de chegar ao remate do percorrido en Folgoso, asomarémonos ao Pico do Coto que colga en vertical 600 metros sobre o río Lor.

O roteiro é de aproximadamente 12 quilómetros e de dificultade media-baixa. Os primeiros 4 quilómetros discorrerémolos costa arriba e logo o camiño suavizarase ata o último quilómetro para subir ao Alto do Muimento. Ao remate da camiñada unirémonos á FESTA DA CASTAÑA de Folgoso do Courel.

Colabora con ADEGA Lugo para a preparación e realización deste roteiro SOS Courel.

DOMINGO, 7 de NOVEMBRO de 2010

Normal.................................................................................... 15 €

Estudantes, xubilad@s e no paro..................................... .......12 €

Soci@s.................................................................................... 10 €

Ata 17 anos............................................................................ .. 5 €

O autobús sairá de diante da Escola de Maxisterio  ás 9 h. Prégase puntualidade.

Imprescindible anotarse previamente chamando ao 679113718 ou ao 982240299.

Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO:

28 Novembro:  As verbas e a música das augas caídas (Val de Lóuzara, Samos)
19 Decembro: A Educación ao son da Natureza (Lugo)
23 Xaneiro: Pola terra do Señor das palabras (A Chaira)
20 Febreiro: Camín d’as Eiras (Taramundi)
20 Marzo: “Toda humilde beleza me namora…”(Mondoñedo)
17 Abril: Modelo Burela (Burela)
29 Maio: “Feros corvos do Xallas…” (Costa da Morte)
26 Xuño: “Vendo-os assim tão pertinho…” (Valença-Monçao)

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA