Adega
INICIO Novas A terra e a literatura converxen no encontro "Escritor@s polo Territorio"
A terra e a literatura converxen no encontro "Escritor@s polo Territorio" PDF Imprimir Correo-e
Envia A terra e a literatura converxen no encontro "Escritor@s polo Territorio" a FaceBookEnvia A terra e a literatura converxen no encontro "Escritor@s polo Territorio" a Twitter

escritoresterrEste sábado 11 de xuño ADEGA reúne, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo das 9:30 ás 19:30 h, a persoeiros da cultura galega nunha xornada que leva por título “Escritor@s polo Territorio”. Os encargados de abrir este acto serán o Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo en funcións, Antón Bao e a Presidenta de ADEGA Virxinia Rodríguez. O encontro de escritores/as está enmarcado na campaña “Ponte no Medio. Móvete polo Territorio” que está levando a cabo ADEGA ao longo deste ano através de accións culturais, reivindicativas e xurídicas pola defensa do noso Territorio e contra a desfeita especulativa. “Ponte no Medio. Móvete polo Territorio” defende unha ordenación sustentable e unha alternativa posible de futuro. Baixa o Díptico (867 Kb) das xornadas.

O acto cultural deste sábado 11 de xuño tratará de tocar estes temas urxentes desde un punto máis literario a través dos ollos dos creadores e creadoras da nosa terra cunha visión cargada de lirismo e de arte vencellada inevitablemente ao territorio no que viven.

A primeira palestra, “A literatura oral do territorio”, analizará o mundo da nosa tradición oral máis anterga como elemento de conservación da identidade e do territorio das persoas que nel habitan. Os escritores Ana Carreira e Xoán R. Cuba serán neste caso os relatores desa nosa historia literaria oral, moderados  por Antonio Reigosa.

Nunha segunda mesa de debate, “Os nomes do territorio. A Toponimia”, abordaranse os cambios na toponimia galega: nomes de cidades, pobos, parroquias e o mal uso que moitas veces se fixo destes ao longo da historia, calados e aldraxados por linguas alleas que mudaron a paisaxe territorial. Esta perpectiva da Tradición Oral, Arqueolóxica e Histórica será o tema no que intervirán os investigadores de toponimia Xulia Marqués e Gonzalo Navaza, moderados polo escritor Xosé Miranda.

A mesa de debate, “Cambios no uso das ciudades”, estará representada por Paco Matín e María Reimóndez, acompañados de Isidro Novo, escritores de diferentes xeracións (1940, 1951, 1975) que contarán as súas vivenzas e lembranzas da cidade. Será un relato costumbrista dos cambios no territorio nos últimos 75 anos.

O encontro estará amenizado pola coral LUGH, dirixida por Fernando García Jácome e por un grupo de música galega tradicional.

Para pechar a xornada, os autores como Pilar García Negro, Adela Figueroa Panisse e Xurxo Souto participarán na cuarta mesa titulada “O meu territorio na miña literatura”. O seu relato  será un percorrido polas diferentes percepcións das cidades onde traballaron e viviron e os cambios que constatan esa sinerxia entre literatura e o espazo no que o autor ou autora elabora a súa obra.

A clausura destas xornadas dará paso as conclusións e o debate aberto entre escritores e achegados ao lugar.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA