Entrega dos premios de fotografía e relatos polo Territorio |
Lugo, 22 de setembro de 2011. Hoxe ADEGA fixo entrega dos premios aos mellores relatos curtos do concurso “O lugar onde vivo” e ás mellores fotografías do concurso “Fotografías polo Territorio” convocados a pasada primavera dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”. Teolinda Lorenzo e Luis Suárez López foron os gañadores do concurso de fotografía nas categorías xuvenil e adulta, respectivamente. En canto ao concurso de relatos, resultaron galardoados Sara Azidane, na categoría xuvenil, e María Brañas, na adulta. O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o Secretario Xeral de ADEGA, Froilán Pallín foron os encargados de entregar os premios. Ambos os dous concursos, patrocinados pola Área de Cultura e Deporte de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e que contaron coa colaboración de entidades como AELG, AGAL, A MESA, ASPG, CIG, Nova Escola Galega, STEG, CCOO e UXT de Galiza, tiveron como obxectivo facer partícipe á cidadanía galega no retrato do estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. A intención destas convocatorias foi reivindicar unha ordenación territorial sustentábel na que se freen as ansias especulativas dos poderes privados sobre o territorio, e na que se propoñan alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural. A estas convocatorias responderon un total de 70 participantes, entre os cales resultaron gañadores e finalistas, nas diferentes categorías: CONCURSO FOTOGRAFÍA: -Categoría Xuvenil:
-Gañadora: Teolinda Lorenzo (Castrelo de Miño) por “Basureiro Incontrolado”. Premio: 150 Euros.
Ignacio Sanzeri (Pontevedra) por “AEstrada I”.
Beatriz García Toval (Vilagarcía) por “Río do Con”.
Teolinda Lorenzo (Castrelo) por “Neumáticos”.
Ignacio Sanzeri (Pontevedra) por “A Estrada 3”.
Ignacio Sanzeri (Pontevedra) por “AEstrada 4”.
-Categoría Adulta: -Gañador: Luis Suárez (Compostela) por “Agresión vs Agresión”. Premio: 200 Euros.
Bandía Ribeira (Viveiro) por “Excavadoras”.
Juan Guerrero por “Pobo Sumerxido”.
Alicia Martínez (A Mariña-A Coruña) por “Nostalxias”.
Pedro Seoane (Vigo) por “Gaivota”.
Bandía Ribeira (Viveiro) por “Ensíname a mirar”.
Xabier Ramos (Dumbría) por “Corredor de cinza”.
Pedro Seoane (Vigo) por “Centro comercial”.
Xosé Uxío Cerrecedo (Foz) por “Pozo da Ferida”.
CONCURSO DE RELATOS: -Categoría Xuvenil: -Gañadora: Sara Azidane (Pontecesures) por "Recordos de lonxe" . Premio: 200 Euros.
-Finalistas:
Antía Rodríguez (Narón) por “A vella cañota”.
Beatriz García-Gesto (Vilagarcía) por “A vida e o tempo”.
Iván Vázquez (Negreira) por “A desaparición dos bosqures”.
Andra Balsa (Negreira) por “A rúa maldita”.
Hadrián Freire (Negreira) por “A lenda da ermida de Aranga”.
- Categoría Adulto: -Gañadora: María Brañas (Vigo) por "Arrecende a Romeu Fresco”.Premio: 250 Euros.
-Finalistas:
Alba Sardá (Lugo) por “Son vermello, son amarelo, son verde…”.
Josefa Seoane (Carral) por “Un camiñante”.
Fernando González (Vedra) por “A vacaloura e a folla de carballo”.
Alberto Lozno (Carral) por “Galinhas, Sim”.
Francisco Maceira (Ferrol) por “Apuntes de ecoloxía”.
María Jesús Souto (Palas de Rei) por “Dende o Batán”.
Julián Carballeda (Monfero) por “A memoria do río da vida”.
No acto, que tivo lugar hoxe ás 12 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo, entregaron os premios o Delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, e o secretario xeral de ADEGA, Froilán Pallín. Tamén participaron Ramsés Pérez, presidente do xurado do Premio Fotográfico e Xesús Pereiras, presidente do xurado do Premio de Relatos. Así mesmo, estiveron presentes entre o público outros membros do xurado como César Quijada, presidente da Asociación de fotógrafos de Lugo, e María Isabel González Rei, directora de Grado da USC en Lugo. Ao acto tamén acudiron varios dos finalistas que, a pesar de non recibir un premio económico, recolleron os diplomas acreditativos da súa participación en cada un dos concursos. Alén dos concursantes premiados, ADEGA quere manifestar tamén o seu agradecemento ao resto de participantes por teren contribuído coa súa aportación creativa á defensa do territorio galego e a promover unha visión máis sostible do lugar no que vivimos e máis respectuosa co medio ambiente. |