Adega
INICIO Novas ADEGA alega contra a ampliación do matadoiro de aves de Castro Ribeiras de Lea
ADEGA alega contra a ampliación do matadoiro de aves de Castro Ribeiras de Lea PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA alega contra a ampliación do matadoiro de aves de Castro Ribeiras de Lea a FaceBookEnvia ADEGA alega contra a ampliación do matadoiro de aves de Castro Ribeiras de Lea a Twitter

Grupo_SadaLugo, a 28 de Xullo de 2011.- Ante o anuncio no Diario Oficial de Galicia do 20 de Xuño do 2011, pola que se nos informa da solicitude do Grupo SADA P.A. Castilla-Galicia S.A. de Autorización ambiental integrada para a ampliación do matadoiro de aves que o grupo posúe en Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo), ADEGA alega sobre os impactos que o proxecto podería carrexar para o medio ambiente.

Cabe destacar, como consideracións previas, que este matadoiro en funcionamento desde os anos 90, implantouse nun lugar cualificado como solo non urbano, senón rústico, ademais de estar situado nunha zona de protección de infraestruturas e de protección de augas de dominio público. Durante estes anos, a actividade da empresa non estivo exenta de polémicas pola súas emisións á atmosfera e vertidos ao río Lea, e por estar a menos de 500 m do núcleo de Castro Riberas de Lea, cuestións todas elas denunciadas no seu día por ADEGA

O novo proxecto de ampliación implicará duplicar a produción actual, co que tamén se dobrarán os efectos negativos tanto no aproveitamento das augas, como na  xestión dos residuos xerados ou na emisión de gases e partículas.

Con respecto ao aproveitamento das augas, duplicarase o consumo das augas extraídas do río Rozas, de dous pozos en Duarría e da traída da propia vila,  sen que se especifique claramente cales van ser as condicións de abastecemento en época estival, cando os caudais de auga diminúen considerabelmente.

Os vertidos residuais, veranse tamén incrementados substancialmente, afectando de xeito severo ás augas do río Lea, sobre todo na época estival, a pesares de que a empresa cualifique esta afección como moderada. Ademais, tampouco se especifica neste proxecto cal vai ser o tratamento que reciban  nin en que lugar os lodos resultantes dos procesos da EDAR, unhas 4.700 toneladas de residuos.

O proxecto carece, asemade, dun estudo específico e detallado sobre as emisións de partículas e gases contaminates producidas en diferentes períodos climáticos ao longo de todo o ano, sendo esta afección novamente considerada como moderada pola empresa.

Alén disto, o proxecto de modificación da produción e instalacións do matadoiro obvia totalmente as afeccións ao bosque de ribeira, protector das bacías fluviais, e que se vería gravemente alterado polas obras de ampliación.

E malia que é preceptivo presentar neste tipo de solicitudes varias alternativas ou propostas de proxecto, a empresa non o fai e reduce este requirimento a dúas opcións: iniciar ou non iniciar o proxecto de ampliación.

En base a todo o anteriormente indicado, ADEGA insta á Administración a levar a cabo os trámites específicos e oportunos para tratar de subsanar as eivas sinaladas no proxecto de ampliación sometido ao proceso de Avaliación de Impacto Ambiental, co ánimo de que os acontecementos pasados non volvan repertirse nin  se vexan magnificados coa ampliación proposta pola empresa.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA